Skip to Content

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS 2021-2022

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO DE LIBROS CURSO 2021-2022

A partir de mañá martes 6 de xullo das 10 horas e até as 13:30 horas, poderán consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros para o curso 2021-2022. De conformidade á lei de protección de datos estas listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar ao lado de secretaría. As persoas que realizasen a solicitude por vía electrónica poderán consultar o estado da súa solicitude a través da chave 365.

Para a consulta das listaxes non é preciso pedir cita previa, pero si respectar as medidas sanitarias de seguridade. Non poderán permanecer no interior do espazo de publicación máis dunha persoa e en caso de ter que esperar fóra, manter a distancia de seguridade.

Lembren da obrigatoriedade de acceder aos espazos pechados con máscara de protección.

 

 

 



page | by Dr. Radut