Skip to Content

SECRETARÍA

PERÍODO NON LECTIVO E VOLTA ÁS AULAS

LEMBRÁMOSLLES QUE DO 29 DE MARZO AO 5 DE ABRIL O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO POR SER DÍAS NON LECTIVOS.

VOLTAREMOS ÁS AULAS O MARTES 6 DE ABRIL.

CRIBADO NO CENTRO 26-03-2021

CRIBADO NO CENTRO 26-03-2021

Notificación da Xefatura Territorial de Sanidade

Infórmase desde a Consellería de Sanidade, que o vindeiro venres 26 de marzo, pola mañá, durante a xornada lectiva, se realizará un cribado, no centro educativo, a todo o alumnado de Educación Primaria, que acudirá acompañado da persoa titora de cada grupo.

O alumnado de Educación Infantil, será citado, a través da aplicación  Abalar Móbil,  para asistir o mesmo día, pola tarde, no horario asignado a cada titoría. Este alumnado virá acompañado dun adulto (un adulto por cada neno/a como máximo).

O cribado realizarase no pavillón do centro: a entrada será por conserxería.

Se NON desexan que ao seu fillo/a lle sexa realizada a proba, por favor, notifíquenllo á persoa titora, por correo electrónico, na maior brevidade posible. De non recibir notificación algunha, enténdense que están de acordo con realizar dita proba.

No caso de ter recibida unha citación para asistir ao CHUAC, por favor, non asisitan, o cribado será no centro educativo.

ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Desde o próximo día 1 e ata o 22 de marzo, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro.

 

Se a realización do trámite se fai de xeito presencial, deberá solicitar cita previa no teléfono 981 64 12 84

 

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: antes do 25 de abril de 2021.

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido:  antes do 15 de maio de 2021.

Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2021.

 

A continuación teñen toda a información relacionada co proceso de admisión dispoñible:

 

Área influencia do CEIP de Arteixo

Prazas vacantes do CEIP de Arteixo

Información proceso solicitude admisión

Impreso solicitude admisión Anexo II

Calendario admisión, publicación listaxes e formalización matrícula

Resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión.

 

Lexislación relacionada que rixe o proceso de admisión:

Decreto 254/2012 do 13 de decembro

Orde do 12 de marzo de 2013

Orde do 25 de xaneiro de 2017

Orde do 18 de decembro de 2020

 

 

Recordatorio recollida máscaras

RECORDATORIO

Lembráselle ás famillias de Primaria que aquelas que foran beneficiarias do cheque de material, que aínda non o fixesen, poden pasar a recoller as máscaras da Xunta por secretaría. 

Aquelas persoas que non poidan acudir ao centro, poden enviar unha persoa que elas autoricen. Prema aquí para descargar a autorización.

Non será preciso pedir cita previa.

RESOLUCIÓN SOLICITUDE PRAZAS PARA 1º ESO CENTRO ADSCRITO IES MANUEL MURGUÍA

Comunicámoslles que todas as solicitudes de reserva de praza para 1º da ESO no centro adscrito Manuel Murguía foron admitidas. A formalización da matrícula deberá realizarse no instituto no mes de xuño. Web IES Manuel Murguía

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º E. PRIMARIA DO NOSO CENTRO QUE DESEXE SER ADSCRITO AO IES MANUEL MURGUÍA

INFORMACIÓN XERAL

Decreto de admisión de alumnado.

Orde de admisión do 12 de marzo de 2013.

Orde do 25 de xaneiro de 2017. Modificación da orde de admisión.

Orde do 18 de decembro de 2020. Modificación da reserva en centros adscritos.

 

RESERVA DE PRAZA. DO 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO. Reserva de praza para o alumnado de 6º de E. Primaria do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Manuel Murguía.

            - RESERVA DE PRAZA ON -LINE: IMPRIMIR E ENTREGAR NO CEIP DE ARTEIXO.

              - IMPRESO EN PAPEL: CUMPRIMENTAR E ENTREGAR NO CEIP DE ARTEIXO.

              - O impreso de reserva de praza deberá ser asinado polos proxenitores.

        Importante!!

       - Se non desexa que o seu fillo/a continúe os seus estudos no IES Manuel Murguía, deberá asinar unha renuncia na secretaría do CEIP de Arteixo.

       - A non reserva da praza neste período, causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.

 

Horario de secretaría:

De 09:50 a 11: 45 horas.

Solicitude cita previa: Chamar ao 981 64 12 84

DÍA NON LECTIVO

File:Logo Atencion Atencion 2013.png - Wikimedia Commons

O vindeiro luns 7 de decembro é día non lectivo. O próximo día de clase será o mércores 9.

CALENDARIO E SISTEMA DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Do mércores 9 ao venres 11 de decembro o horario de secretaría para recoller as máscaras será:

- De 09:45 a 11:45 horas.

- De 13:00 a 13:20 horas.

Será preciso pedir cita previa no 981 64 12 84.

 

Do luns 14 ao mércores 16 o horario de recollida será o habitual de secretaría: de 09:45 a 11:45 horas, con cita previa, para aquelas persoas que non puidesen acudir nas datas correspondentes.

Importante! Non poderá entrar no espazo de secretaría máis de unha persoa, o resto deberá esperar fóra respectando a distancia de seguridade.

 

As nais, pais ou titores/as legais do alumnado que non poidan acudir ao centro e queiran autorizar a outras que recollan as máscaras no seu nome, deberán cubrir, asinar o documento adxunto de abaixo, engadindo as fotocopias dos DNI de ambas, persoa que autoriza e autorizada.

 

 

 

 

CALENDARIO DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

DÍA

CURSO

Mércores 9 de decembro

1º e 2º de E. Primaria

Xoves 10 de decembro

3º e 4º de E. Primaria

Venres 11 de decembro

5º e 6º de E. Primaria

 

 

 

 

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Enlace ao DOG

  • A quen vai destinado?

- Alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial.

  • Quen ten que presentar a solicitude?

- O alumnado de Primaria que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. (Datos da renda e familiares do ano 2018)

Alumnado matriculado en Educación Especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

  • Que documentación debo presentar?

- Para consultar a documentación a presentar, consulta o arquivo adxunto. ABAIXO.

- Para descargar o Anexo I e Anexo II. PREMA AQUÍ.

 

  • Quen non ten que presentar a solicitude?

- O alumnado de primaria beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. 

A concesión das máscaras é automática. Informaremos da xestión da entrega das mesmas na web.

 

  • Onde presentar as solicitudes?

- No centro educativo onde estea matriculado o/a alumno/a e de forma presencial (única forma de presentación) e con cita previa en horario de 9:50 a 12:45 horas.

Para solicitar cita previa chamar ao 981 64 12 84.

 

  • Cal é o prazo de entrega de solicitudes?

- Desde o luns 16 de novembro ata o venres 27 de novembro, ambos inclusive.

 

  • Onde e cando consultar a listaxe provisional de resolución?

- Informarase a través desta web para a consulta das mesmas, que será unicamente presencial, posto que non nos está permitido publicalas noutros medios ou espazos dixitais.

DOCUMENTOS COVID DO CENTRO. ACTUALIZACIÓN.

Actualización do Plan de Adaptación e do Plan de Continxencia do CEIP de Arteixo, segundo o Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 (versión 16-09-2020).

Distribuir contido


by Dr. Radut