Skip to Content

DOCUMENTOS PARA AS FAMILIAS

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO: PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

Desde mañá, 25 de abril, poderán consultar as listaxes provisionais de admitidos das solicitudes presentadas en período ordinario de admisión. Estarán expostas no taboleiro de anuncios no interior do edificio ao lado de administración.

 

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

 

Disporán de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación para formular reclamación.

As listaxes definitivas sairán publicadas o 15 de maio.

 

 

APERTURA PRAZO SOLICITUDE SERVIZO TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023-2024

Imágenes de Transporte Escolar - Descarga gratuita en Freepik

Quen debe presentar a solicitude?

Todo o alumnado matriculado no centro que non foi usuario do servizo de transporte escolar durante o curso 2022-2023 e que desexe facer uso deste servizo no curso 2023-2024.

Todo o alumnado que foi usuario de transporte escolar das paradas Ponte do Ba 1 e Ponte do Ba 2 por seren ambas paradas excepcionais, polo que é necesario renovar a solicitude anualmente.

O resto do alumnado que fixo uso de transporte do resto das paradas durante o curso 2022-2023 NON é necesario presentar ningunha solicitude de renovación, faise de xeito automático.

 

Debo presentar solicitude de baixa no servizo de transporte?

Si, se sabe que durante o curso 2023-2024 non vai precisar este servizo. Así mesmo, en calquera momento do vindeiro curso non vai facer uso do mesmo é preciso solicitar a baixa do servizo.

 

Cando e como presentar as solicitudes de alta e/ou baixa no servizo de transporte?

Desde o luns 24 de abril ata o venres 19 de maio. 

Poderase entregar a través do correo electrónico de administración: administracion@ceipdearteixo.org e poñendo como asunto da mensaxe: Solicitude alta/baixa/renovación servizo transporte segundo corresponda. En caso de elixir esta opción, confirmar telefonicamente ou ben a través dun correo se a súa solicitude foi recibida correctamente.

Tamén se poderá entregar de xeito persoal na secretaría do centro de luns a venres de 9:50 a 11:45 horas.

A  continuación poden descargar os impresos necesarios así como consultar a circular informativa sobre este servizo. Os impresos tamén se poderán recoller en administración do centro no horario de atención ao público, tal e como se indicou anterioremente.

 

 Impresos:

Circular informativa transporte escolar. 

Solicitude alta/renovación de transporte escolar curso 2023-2024.

Solicitude de baixa no transporte escolar curso 2023-2024.

 

 

 

 

SOLICITUDES ADMISIÓN FÓRA DE PRAZO- CURSO 2023-24

A partir do 21 de marzo, poderán presentar no centro, a solicitude de admisión fóra de prazo para o curso 2023-24, para aquelas familias que non o fixesen no período ordinario.

 

A documentación solicitada é a seguinte:

   1. Impreso solicitude admisón fóra de prazo. Premer aquí. 

Importante:

  • Cubrir os datos con claridade.
  • Incluír sempre un enderezo electrónico.
  • Esta solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores ou persoas titoras ou acolledoras, agás nos casos de violencia de xénero ou nos casos nos que a patria potestade estea atribuída con carácter exclusivo a un deles.

 

   2. Copias dos DNI de ambos proxenitores e do alumno/a.

   3. Copia do libro de familia.

 

   4. Certificado de empadroamento da unidade familiar. De non residir no concello no que se solicita a praza, deberán adxuntar un xustificante do enderezo laboral.

 

   5. Certificación ou último boletín de cualificacións do centro educativo de procedencia.

 

   6. Se é o caso, copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

 

   7. Se é o caso, documentación acreditativa da existencia de NEE do alumno/a solicitante.

 

Información a ter en conta:

  • A asignación de posto escolar é realizada pola Inspección Educativa de Arteixo por rigorosa orde de data e hora de rexistro de entrada no centro e despois da asignación de posto escolar aos solicitantes en prazo.
  • Non se bareman os criterios contemplados para as solicitudes de admisión que se presentaron en prazo.
  • De non existir vacante no nivel no centro solicitado seralle adxudicado de oficio un posto escolar noutro centro.
  • Non existe prioridade nin se realizan reservas de praza por NEAE en 4º de Infantil nin en 1º de Primaria. 

 

Para solicitar cita ou resolver calquera dúbida chamar ao teléfono 981 64 12 84

 

 

MARIOLA SOLIDARIA: 2ª CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO

Estimadas familias:

Informámoslles que o centro participará na recollida de roupa e calzado usado organizado por Mariola Solidaria, en beneficio da ONG Global Humanitaria.  Mañá, venres 24 de febreiro,  entregarémoslle a cada alumno/a unha bolsa para  todas aquelas persoas que desexen participar. Poderán traer as bolsas coa roupa/calzado o martes 7 de marzo en horario de 9:45 a 11:45 e de 16:00 a 18:00h. Tamén poderá traela o alumnado  o mesmo día da recollida.  A recollida da roupa realizarase o mércores 8 de marzo.

Lembrámoslles tamén que ata o luns 6 de marzo, en horario de 16:00 h  a 18:00 h, segue a súa disposición a roupa esquecida do alumnado para que a poidan recoller. A roupa non recollida será doada e retirada do centro o vindeiro mércores 8 de marzo.

Máis información sobre a Campaña Mariola Solidaria:

Funcionamento 

Información global


Atentamente. Dirección. 

CONCURSO PILABOT

Pilabot::Recicla con Energía | Recursos

A partir de hoxe e ao longo das 6 semanas seguintes levaremos a cabo a recollida de pilas do alumnado de Primaria no centro. Para máis información, premer na imaxe.

 

POSTAIS SOLIDARIAS: RECOLLIDA DE ALIMENTOS 2022 CC ARTEIXO- CEIP DE ARTEIXO

 

Un ano máis, o alumnado do noso centro colabora na campaña solidaria de recollida de alimentos do Centro Comercial Aberto de Arteixo a través da elaboración de postais de Nadal, que se intercambiarán por alimentos nos distintos comercios participantes na campaña, e na que pode participar calquera persoa interesada. Para poder coñecer os comercios onde están ubicadas as postais elaboradas polo alumnado do CEIP de Arteixo, premer na imaxe.

 

As postais estarán expostas dende o sábado día 17 de decembro ata o 8 de xaneiro (datas nas que se poden entregar alimentos). O 9 de xaneiro, luns, o Banco de alimentos recolle todos os alimentos que queden, aínda que tamén se fará unha recollida o 26 de decembro.

  

 

CONCESIÓN DIRECTA DA AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR REGULADA NA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 202


No día de hoxe, 14 de outubro de 2022, foi publicada a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022, a cal no punto 4 dispón efectuar unha ampliación da axuda para adquirir material escolar a favor das persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50 €, concedéndolle 25 € adicionais ata acadar un importe total de 75 €. Estes vales deberán ser empregados na libraría/establecemento, preferiblemente, antes do 1 de decembro de 2022.

Estes vales de ampliación de 25€ poderán recollerse en horario de atención ao público, de 9:50 a 11:45 horas, segundo o calendario que segue:

 

CALENDARIO PARA A RECOLLIDA DE VALES DE AMPLIACIÓN OUTUBRO 2022

19 DE OUTUBRO

1º e 2º E.P.

20 DE OUTUBRO

3º e 4º E.P.

21 DE OUTUBRO

5º e 6º E.P.

 

As persoas que non poidan acudir nestas datas poderán recollelos de dúas formas distintas:

- Autorizando a outra persoa a recollelos no seu nome. Para iso, deberán cubrir e asinar esta autorización (documento editable), que deberá entregar a persoa que recolla o vale en secretaría na data que o recolla xunto coas copias dos DNI/ Pasaporte de ambos, persoa que autoriza e persoa autorizada.

- Acudir noutra data distinta solicitando cita previa de xeito telefónico: 981 64 12 84

 

 

 

 

 



Natación Piscina Municipal de Arteixo Curso 22-23

Teñen á súa disposición información sobre o inicio de curso 22-23 na actividade de natación na piscina municipal de Arteixo.

Acceso á información aquí.

 

AUTORIZACIÓN RECOLLIDA TRANSPORTE ESCOLAR

As persoas proxenitoras ou titores legais que desexen autorizar a outras persoas a recoller aos seus fillos/as na parada de transporte escolar, ou ben autorizar aos seus fillos/as matriculados en 5º e/ou 6º de E. Primaria  a que marchen sós, así como autorizar a estes a acompañar aos seus irmáns/irmás menores matriculadas neste centro deberán cubrir este documento (editable), asinalo e entregalo no centro educativo, xa sexa presencialmente na secretaría do centro ou preferiblemente a través da conta de correo: administracion@ceipdearteixo.org

Acceso ao documento: Premer:aquí

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut