Xornada de Sensibilización: Asociación ONCE
O pasado luns 4 de decembro, visitáronnos dúas profesionais da Asociación ONCE. Nestas xornadas de sensibilización enmarcadas no Contrato-Programa INCLÚE-T, o noso alumnado puido achegarse á atención das persoas con cegueira. Deixamos un vídeo onde se pode visualizar o transcurso da xornada premendo na imaxe.
Día internacional dos dereitos da infancia
O pasado luns celebramos o Día Internacional dos dereitos da Infancia.
Durante este curso consideramos adicarllo ao Dereito de todo neno e nena a ter un fogar.
A nosa biblioteca converteuse nunha habitación infantil e todos e todas, preparados en pixama, esperábamos ansioso a visita das nosas familias para comezar un maratón de contacontos.
Premede na imaxe para ver como saiu todo.
Día Contra a Violencia de Xénero
Durante estas semanas traballamos cancións de xogos populares da nenez dos nosos pais, avós, tíos.... e... atopámonos con cousas que non nos gustaron nada.
Aquí vos deixamos o por que da nosa negativa ante estas cancións e a nosa opción para melloralas.
Premede na seguinte imaxe e veredes o resultado.
Día internacional dos dereitos da infancia
O vindeiro día 20 de novembro celebraremos o Día Internacional da Infancia. Para este evento tan importante contaremos coa visita de 9 familias que virán a un maratón de contacontos.
Deste xeito unímonos O día do Pixama, iniciativa da Asociación Acougo, para o dereito a un fogar de todos os nenos e nenas.
Podedes ver o cartel dos contacontos premendo sobre a seguinte foto.
MAGOSTO, CASTAÑAS E XOGOS.
Chegou o magosto e con el o tempo de castañas e aproveitando que calquera época do ano é boa para xogar, no cole, organizamos uns xogos para que todos o pasáramos ben despois de encher o bandullo con este froito típico do outuno.
Por aquí abaixo vos queda o enlace para poder ver que ben se nos dá pasalo ben.
FÚTBOL SALA FEMININO "CASTRO"
Fai uns días tivemos a sorte de poder contar no noso colexio con varias xogadoras e membros do apartado técnico do equipo feminino de fútbol sala "Castro".
Con elas pasamos unha mañá moi entretida, durante a cal nos contaron a súa experiencia como futbolistas nun equipo de primeira división e nos invitaron a adestrar con elas. asi como a achegarnos as súas instalacións para probar este deporte e animarnos a continuar disfrutando con el.
Aqui tedes un pequeno video resumo do ben que o pasamos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »