Fondo Libros e material escolar

Etiquetas :

Benqueridas familias, durante estes días enviaranse os anexos correspondentes á solicitude para o Fondo libros e material escolar para o vindeiro curso 2022-2023.

Recordade que tedes que devolver, no mesmo estado en que se vos entregaron, os libros que ten o alumnado (informaravos o profesorado de devandita entrega).

Podedes ler no anexo seguinte as condicións desta axuda.

Fondo libros

Concurso de Redacción da festa da filloa de Muimenta

A nosa alumna de 4º de Educación Primaria, Eva Cabado Fernández, recibiu a semana pasada o premio de redacción que convoca cada ano Muimenta para festexar a festa da filloa.

Noraboa Eva polo traballo ben feito.

Eva

Admisión curso 2022-2023

Etiquetas :

Todas as solicitudes de admisión para o vindeiro curso foronon publicadas como admitidas despois de darvos a listaxe provisional para a súa revisión durante o periodo provisional.

Se necesitades revisar algo máis, pasade polo centro, estarán publicadas dentro do mesmo para protexer os datos de carácter sensible de todos e todas.

Recordade que o período de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Admisión

Pasiño a Pasiño faremos o noso Camiño

Durante esta semana os nenos e nenas de Infantil escaparon con Claudia e Trasno para coñecer a casa do Ratiño Pérez e facer un tramo do Camiño de Santiago que pasa por Vilaba.

Deixámosvos un pequeno resumo da súa viaxe.

 

Camiño de Santiago

https://www.canva.com/design/DAFAZoJE1Dw/TXPs7uKi5TzckSylmsadLQ/watch?ut...

 

Inlcúe-T

Etiquetas :

Esta semana disfrutamos da presencia de Enki no centro. Dentro dos Contrato Programa estamos no Inclúe-t para aproximar ao alumnado á diversidade presente na nosa sociedade. 

Durante esta xornada, o alumnado, aprendeu unhas nocións básicas sobre a Lingua de Signos e o Braille.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra, pinchade no enlace e vede o pequeno resumo.

Inclúete

https://www.canva.com/design/DAE__2UkZME/watch?utm_content=DAE__2UkZME&u...

Deporte escolar inclusivo

Deporte escolar

O pasado venres o noso alumnado de 5º e 6º participou nunha actividade que tiña como finalidade dar a coñecer o deporte inclusivo e poñer nas súas mans as ferramentas necesarias para que esta concienciación fora o máis productiva posible.

Do mesmo xeito puidemos desfrutar dunha xornada de convivencia con 4 centros máis de Lugo cidade grazas a Asociación Enki.

Poñeremos en práctica estes deportes no noso centro como nas Paraolimpiadas que celebramos no 2019..... todo se andará en beneficio da inclusión.

Portas abertas 2022

Xornada de portas abertas

Etiquetas :

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design