Chega Samaín

 

 

Chega Samaín e Trasno Aquilino tenvos preparado un reto para o Concurso de Cabazas 2022-2023.

Para poder presentalas e participar estade moi atentos as normas para a súa elaboración.

Bo tenebroso Samaín queridos/as Aquilinitos/as.

 

https://www.canva.com/design/DAFOuoJRYCM/EHQmr_pBfrWxRmejiOLqvw/view?utm...

 

Xa chegou o outono

Celebramos a entrada no outono con unha variedade de actividades que fixeron que os Aquilinitos máis pequenos desfrutaran desta festa de cambio de estación.

Podedes ver un pequeno resumo na seguinte ligazón.

https://www.canva.com/design/DAFOfG8zaKo/X5jszD8L2bzuavN4PpfOJw/watch?ut...

 

 

Plan dixital de centro

Etiquetas :

Visita a Sotavento

Etiquetas :

Durante a xornada de hoxe o alumnado do centro estivo en Sotavento para coñecer de primeira man a que se adican neste lugar e os beneficios que pode ter a Enerxía Eólica para o noso planeta.

Tiveron moita sorte os Aquilinitos e Aquilinitas xa que desfrutaron dun día moi soleado ao aire libre.

Podedes ver un resumo da súa visita no seguinte enlace:

https://www.canva.com/design/DAFOEhXH2qM/Q8C5AJXWTWIKD55pvTF76Q/watch?ut...

Contratos programa: Alimentación Saudable

Este mes comezamos cun programa de educación nutricional que durará todo o curso.

Neste trimestre comezamos con 

EDUsaúde: O centro como dinamizador de vidas saudables.

Este prorgrama pretende empoderar aos escolares con coñecementos nutricionais de maneira ampla e adaptada a cada ciclo escolar e condicionar as súas decisións como consumidores. 

Os pais podedes acceder a un resumo mensual do ensinado no centro en www.sanaelhoy.com

 

https://www.canva.com/design/DAFN_hK5HIA/8PllUlj4cSNoUjfo9UU-7w/watch?ut...

 

 

Scape vida Picasso

O pasado venres, aproveitando que era o último de mes, o noso Trasno Aquilino mandounos un xogo que podedes volver a realizar se picades na páxina da Fraga, no menú da dereita.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo da actividade.

https://www.canva.com/design/DAFN7cNNIm8/DqLWb7WbIjijOVC-k-7EoA/watch?ut...

 

Concerto da escola de Música de Vilalba

Etiquetas :

 

Hoxe, os nenos e nenas do noso centro, desfrutaron dun concerto da man da Escola de Música de Vilalba.

Agradecemos a actividade e a iniciativa.

Deixámosvos un resumo no seguinte enlace.

1

https://www.canva.com/design/DAFMUO7Glag/ttRwKuXCKOARw_1RSJ8aBw/watch?ut...

Excursión 5º e 6º

Etiquetas :

O noso alumnado de 5º e 6º sairon durante a xornada de hoxe para celebrar o final de curso e o final dunha longa etapa no cole. Nada máis e nada menos que 9 anos xunto cos seus compañeiros e compañeiras Aquilinitos.

Este foi o seu día.

Deixámosovos un resumo do seu día.

 

https://www.canva.com/design/DAFDNBLN10w/HIphpAcP-fgIlrdT3QZdJA/watch?ut...

 

 

 

Aquilinitos pola costa

Etiquetas :

Durante a xornada de hoxe os Aquilinitos abandonaron Abadín para ir á costa de Lugo a desfrutar non só do bo tempo senón tamén para coñecer lugares que enriquecen as súas aprendizaxes. Deixámosvos un resumo da súa viaxe no enlace que tedes debaixo.

https://www.canva.com/design/DAFDGlbU3a8/D_7_gKGNlLIJ8rz2THANVg/watch?ut...

Mariña Visión

Etiquetas :

Desde o EDLG do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, propuxeron celebrar o noso propio festival de Eurovisión, MariñaVisión, coa finalidade de trasladar a cultura e música galega á nosa comunidade.

Quería que fose un festival intercentros no que participaramos diferentes colexios da zona, polo que nos convidaron e aquí podedes ver o resultado!

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design