RESUMO DAS CHARLAS DE NUTRICIÓN DESTE TRIMESTRE

Etiquetas :

Durante este trimestre. as nenas e nenos de primaria puideron aprender moitas cousas sobre a alimentación e os alimentos que moitos descoñecíamos. Aqui vos deixamos os resumos das charlas que se impartiron a cada un dos ciclos, botádelle un ollo porque hai cousas moi interesantes.

Día contra a violencia de Xénero

Etiquetas :

Como cada 25 de novembro, celebrase o día contra o rexeitamento da violencia de xénero, contra o maltrato, contra as malas formas e contra todo o que non é bo para unha relación saudable.

Este ano o noso alumnado tivo un contacontos cun taller de sensibilización para acabar de erradicar os estereotipos, para decir basta xa e para dar o seu apoio a todas aquelas mulleres que sufren este tipo de violencia.

Os nosos nenos e nenas berran "XA" ante calquera manifestación violenta.

 

 

Tres Pés

Etiquetas :

O xoves o alumnado de 4º,5º e 6º puido comprobar de primeira man que é unha curtametraxe. A produtora Tres pés foi a encargada de explicarlles aos nosos alumnos e alumnas o que se estaba a levar a cabo no noso concello.

O noso alumnado, amante dos animais, e de gran tradición cabalar desfrutaron da xornada.

 

 

Charanga 555

Etiquetas :

O Mércores tivemos o pracer de que nos visitaran 5 grandes músicos que viñeron a demostrar que cunha gaita, unha pandeireta ou un bombo pódese tocar calquera estilo de música.

Dende os máis pequenos aos máis grandes quedaron abraidos con tanto arte.

 

Deixámosvos unha pequena mostra.

 

 

 

Visita a ASPNAIS

Etiquetas :

O pasado luns, dentro dos Contrato-programa INCLÚE-T o noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitou as novas instalacións de ASPNAIS para ver de primeira man que estaba acontecer e como acontecía o que alí se estaba levando a cabo.

Viñeron moi sorprendidos do marabilloso traballo que alí se leva a cabo.

Deixámosvos un resumo no seguinte enlace.

 

 Hugo, como orientador do noso centro, elaborou a seguinte presentación para o alumnado. Podédela ver no seguinte enlace:

https://www.canva.com/design/DAFR6xT24Yc/wnMWuME5ucjJh2eqLU1QxQ/view?utm...

 

Magosto 2022

Durante a xornada do pasado venres tivemos o magosto no centro. O noso alumnado degustou o froito típico desta época e tivemos o pracer de desfrutar duns xogos populares organizados polo mestre Ramiro, profe de Educación Física.

Pasámolo xenial. Podedes ver un resumo da nosa xornada no seguinte link.

https://www.canva.com/design/DAFR6oYERxc/OuE0yBm5ipc945Z_VmM4FA/watch?ut...

 

Samaín 2022

Onte foi un gran día, de diversión, "medos" e moitas risas. 

Tivemos a elección das mellores cabazas por parte do alumnado, entregáronse os certificados de participación no concurso de redacción de historias de medo, xogamos todos e todas coa nosa nova pizarra interactiva da Fraga do Trasno, houbo fotos no Photocall, tivemos scape e rematamos o día cos nosos mestres e mestras para ter as nosas recompensas do xogo cooperativo.

Podedes ver un resumo no seguinte enlace:

https://www.canva.com/design/DAFQWH6jukw/P74RKAJ_5w1qJHDyjXStnA/watch?ut...

Día das bibliotecas

O pasado luns celebramos o día das bibliotecas. Este ano o alumnado recomendou ao resto as súas lecturas preferidas.

Este día tamén deu comezo a adadura da mochila viaxeira onde o alumnado coas súas familias poderá desfruta de libros de lectura, música galega e unha película.

Se queredes ver as recomendacións dos nosos nenos e nenas accede ao enlace que hai aquí abaixo.

https://www.canva.com/design/DAFQWeXF4-0/__M_x-KxabZ-_rSgZcwglg/watch?ut...

Sotavento visita o noso cole

Durante a xornada do pasado mércores os Aquilinitos e Aquilinitas máis pequenos puideron desfrutar dunha xornada diferente da man do persoal de Sotavento.

Aprenderon un montón de cousiñas novas e interesaronse por diferentes aspectos deste tipo de enerxía.

Podedes ver un pequeno resumo no seguinte enlace:

https://www.canva.com/design/DAFPsA37shA/ZQdXMpAAL8ax7Lc-mc2TDg/watch?ut...

Nova axuda de material escolar

Etiquetas :

A Xunta de Galicia ven de aprobar unha nova axuda para a adquisición de material escolar para aquelas familias que xa foron beneficiaras da mesma en xuño.

Deste xeito, podedes pasar a buscar estes cheques a partir do Xoves ás 13 horas co fin de non interromper o normal funcionamento das clases.

Recordade que este só se poderá gastar en material escolar ata o vindeiro 2 de decembro.

          

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design