DÍA DO LIBRO DENDE A AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Etiquetas :

Boa tarde!

Adxunto un pequeno resumo das actividades feitas dende a aula de Audición e Linguaxe para celebrar o Día do Libro. 

Agardo que vos guste. 

Podedes velo premendo no enlace.

 

 

Día do libro 2023

Etiquetas :

Durante estas semanas fixemos unha actividade para que os nenos e nenas nos contaran cal é o seu libro favorito e, de paso, poñer en práctica, os profes, todo o aprendido no noso PFPP.

Feliz día do libro a toda a nosa Comunidade educativa!

Concurso de carteis 8M

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, participou no concurso de deseño de carteis da Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Igualdade. 

 

Premede na imaxe para ver as creacións dos e das nosas artistas. 

 

Día de Rosalía

Etiquetas :

O pasado venres 24 de febreiro celebramos no cole o día de Rosalía. Durante esa semana os nenos e nenas do colexio traballaron diferentes actividades e poemas da escritora galega.

Premede nas imaxes para ver o vídeo resumo ou para escoitar por aulas o poema escollido.

 

     

    

      

Apertura do plazo de admisión

Etiquetas :

Premede sobre a imaxe para ver a información anexa.

Se o entroido con Picasso queres celebrar, nos mandatos do trasno terás que participar

 

Preme na seguinte imaxe para ver o vídeo dos mandatos.

Aberto o prazo de reserva de praza para centros adscritos

Etiquetas :

Benqueridas familias. 

Dende hoxe está aberto o prazo para solicitar praza nos centros adscritos. Recordade que os que temos son:

IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo.

IES Santiago Basanta Silva de Vilalba.

Se pinchades na imaxe iredes directamente o rexistro para facelo telematicamente.Se precisades axuda para cubrir o documento pasade polo centro.

 

Solidariedade da man de 4º de Educación Primaria

Etiquetas :

O alumnado de 4º de Educación Primaria, que cursa durante este ano a materia de Valores, da man da súa mestra Elena Rancaño, fixo unha labor envidiable de recollida de alimentos implicando a toda a comunidade educativa.

Levaron a cabo unha campaña de difusión para que todos os sectores implicados puideran participar. Elaboraron carteis para a súa difusión, contaron e clasificaron os alimentos e entregaron todo isto a Cruz Vermella de Vilalba.

Noraboa pola iniciativa e noraboa pola resposta e acollida da iniciativa.

Podedes ver un resumo picando na seguinte imaxe.

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design