Admisión de alumnos

Etiquetas :

Dende o pasado 15 de xaneiro ata o vindeiro 5 de febreiro estará aberto o proceso de reserva para a admisión do alumnado que remata etapa.

Para ver un resumo pinchade na imaxe que aparece a continuación. 

Xornada de Sensibilización: Asociación ONCE

O pasado luns 4 de decembro, visitáronnos dúas profesionais da Asociación ONCE. Nestas xornadas de sensibilización enmarcadas no Contrato-Programa INCLÚE-T, o noso alumnado puido achegarse á atención das persoas con cegueira. Deixamos un vídeo onde se pode visualizar o transcurso da xornada premendo na imaxe. 

 

 

Xornada de Sensibilización: Asociación ONCE

Día internacional dos dereitos da infancia

O pasado luns celebramos o Día Internacional dos dereitos da Infancia.

Durante este curso consideramos adicarllo ao Dereito de todo neno e nena a ter un fogar.

A nosa biblioteca converteuse nunha habitación infantil e todos e todas, preparados en pixama, esperábamos ansioso a visita das nosas familias para comezar un maratón de contacontos.

Premede na imaxe para ver como saiu todo.

Día Contra a Violencia de Xénero

Durante estas semanas traballamos cancións de xogos populares da nenez dos nosos pais, avós, tíos.... e... atopámonos con cousas que non nos gustaron nada.

Aquí vos deixamos o por que da nosa negativa ante estas cancións e a nosa opción para melloralas.

Premede na seguinte imaxe e veredes o resultado.

Día internacional dos dereitos da infancia

O vindeiro día 20 de novembro celebraremos o Día Internacional da Infancia. Para este evento tan importante contaremos coa visita de 9 familias que virán a un maratón de contacontos.

Deste xeito unímonos O día do Pixama, iniciativa da Asociación Acougo, para o dereito a un fogar de todos os nenos e nenas.

Podedes ver o cartel dos contacontos premendo sobre a seguinte foto.

Visita do CIM de Mondoñedo

Etiquetas :

Carmen e Mª José do CIM de Mondoñedo, visitaron a nosa escola para compartir cos nenos e nenas de infantil un obradoiro sobre a Igualdade. No enlace da imaxe temos un pequeno vídeo con imaxes do obradoiro.

MAGOSTO, CASTAÑAS E XOGOS.

Chegou o magosto e con el o tempo de castañas e aproveitando que calquera época do ano é boa para xogar, no cole, organizamos uns xogos para que todos o pasáramos ben despois de encher o bandullo con este froito típico do outuno.

Por aquí abaixo vos queda o enlace para poder ver que ben se nos dá pasalo ben.

 

Samaín e Magosto. Tradición e cultura

Durante o día de mañá, a Fraga do Trasno xunto coa materia de Educación Física e o seu mestre Ramiro, organizarase o Samaímagosto no cole.

A programación será a seguinte:

Xa podedes ver o resumo pinchando na seguinte foto:

FÚTBOL SALA FEMININO "CASTRO"

Fai uns días tivemos a sorte de poder contar no noso colexio con varias xogadoras e membros do apartado técnico do equipo feminino de fútbol sala "Castro".

Con elas pasamos unha mañá moi entretida, durante a cal nos contaron a súa experiencia como futbolistas nun equipo de primeira división e nos invitaron a adestrar con elas. asi como a achegarnos as súas instalacións para probar este deporte e animarnos a continuar disfrutando con el.

Aqui tedes un pequeno video resumo do ben que o pasamos.

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design