Skip to Content

Varios

ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO ACADÉMICO 2020/2021

Na listaxe provisional estades todos admitidos. 

Se non muda a normativa pola situación do COVID-19, o día 26 de xuño publicaremos a listaxe definitiva de admitidos para que formalicedes a matrícula do 1 ao 10 de xullo.

REABERTO O PRAZO DE MATRICULACIÓN

 

CURSO ACADÉMICO 2020/ 2021 

  • Reábrese o prazo para novas matrículas do 11 de maio ao 18 de maio.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido 27 de maio.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula do novo alumnado admitido 1 ao 10 xullo. 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

8:45 a 13:45

Acudir ao centro só un adulto e con máscara.

 

  • O alumnado escolarizado o curso académico 2019/2020 non ten que facer ningún tramite, a matrícula é automática.

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID- 19

Estimadas familias:

Seguindo as instrucións dadas pola Consellería de Educación, suspéndese todo tipo de actividade lectiva, incluídos os servizos educativos complementarios, transporte, aula madruga, PROA, comedor e aula de sobremesa.  A suspensión da actividade lectiva vai prolongarse os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

Recomendamos que, de ser posible, mañá non enviedes aos nenos ao centro para evitar contaxios. Manterémosvos informadas a través do Abalar. 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Grazas pola vosa colaboración.

 

 A dirección

 

VEN A COÑECERNOS

O vindeiro día 11 de febreiro levaremos a cabo unha xornada de portas abertas, coa que pretenderemos dar a coñecer o noso colexio e en especial a etapa de infantil a tódalas familias interesadas de cara ao curso 2020-21. Neste día explicaremos as características do centro e da etapa de infantil, facendo unha visita polas instalacións

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

- Nos cursos: 4º EI, 1º EP e 4º EP chegaron as prazas.

Recordade que:

     1. Publicación listaxes provisionais o 24 de abril.

     2. Publicación listaxes definitivas o 14 de maio.

     3. Cubrir o impreso de formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño.

 

- En 3º de EP non chegaron as prazas polo que temos que baremar. Non é necesario presentar mais documentación.

 

LISTA ADMITIDOS COMEDOR ESCOLAR CURSO 2018-19

Unha vez analizadas as distintas solicitudes para acceder ao comedor escolar durante o curso 2018-19 e tendo en conta a instrución1/2018 da secretaría xeral técnica da Consellería e Ordenación Universitaria, do 4 de Xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, pasamos a facer públicas as listas de admitidos e dos nenos e nenas que quedan en reserva

 

 

 

REUNIÓN DE PAIS DOS NENOS QUE EMPEZAN O VINDEIRO CURSO EN 3 ANOS

O día 26 de xuño ás 11:00 horas da mañá covócase unha reunión informativa para os pais dos nenos que empezan o vindeiro curso en 3 anos.

Na medida das vosas posibilidades non veñades cos nenos.

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DO CURSO 2018/2019

Todos os nenos que solicitaron praza para 4º de Educación Infantil (3 anos), están admitidos. Lembramos que deberán formalizar a matrícula entre os días 20 e 30 do mes de xuño.

Pódense consultar as listas no taboleiro de anuncios do centro.

PORTAS ABERTAS: COÑECE O CENTRO

Co fin de dar a coñecer as instalacións e servizos do noso centro e recibir a información que se precise respecto ao proceso de matriculación de cara ao curso 2018/19, o martes día 20 teremos unha xornada de portas abertas. Estades todos invitados

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut