Skip to Content

19

Cansos de tanto berrar e da longa viaxe, decidiron acampar. Ao día seguinte, erguéronse moi cedo e emprenderon o regreso ao poboado. A caravana avanzaba lentamente. Os nenos e nenas ían un pouco tristes e os profesores e profesoras cantaban para animalos.

Aimán, cando os viu aparecer, correu cara eles moi ledo. Mirounos pensativos e preocupouse.

- Que vos pasa? Que vos ocorreu na viaxe?

María, unha rapaza de 6º curso que se fixera moi amiga del, díxolle:

- Na viaxe non ocorreu nada malo. Pasámolo xenial! Pero botamos de menos ás nosas familias. 

Aimán baixou a cabeza pensativo. De súpeto, tivo unha idea. Correu canda os profesores e e dixolles que, ao solpor, se achegasen á súa tenda porque tiña algo que lles dicir. Chegou a hora, os mestres e mestras agardaban impacientes o que Aimán lles quería comentar. O neno sacou do peto da súa xilaba un sobre. Dentro estaba a postal, e nela destacaba un brillante botón vermello.

O rapaz relatoulles o que fixera para lograr que o colexio aparecese en medio do deserto, e propúxolles premer outra vez o botón para facelos regresar a Torneiros. Non podían crer o que lles contaba o neno, pero os profesores aceptaron a idea. Saíron da tenda e informaron a todos do plan. Esa noite houbo festa rachada!!

Ao mencer, despois dunha garimosa despedida, entraron todos no colexio e... Aimán premeu o botón!!!!Levantouse unha enorme tormenta de area, que cubriu o ceo. O edificio, como por arte de maxia, desapareceu.

Mentres, en Torneiros, sentiuse un lixeiro tremor de terra. A xente, asustada, saíu ás rúas e escoitou un grande rebumbio. Encamiñáronse cara onde proviña o balbordo e, atopáronse cos nenos, nenas e profesores que, cheos de ledicia corrían cara eles brincando e cantando.

FIN



book | by Dr. Radut