Skip to Content

CURSO 2019/ 2020

 

BIBLIOTECA

 

PLAMBE

A nosa biblioteca pertence ao PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES dende o curso 2011, ano no que comezou a nosa andadura cara a conversión da nosa biblioteca nun espazo de aprendizaxe e ocio no que teñan cabida múltiples actividades e linguaxes. Todas a s propostas están adaptadas a todos os nosos usuarios, especialmente o noso alumnado, principal protagonistas de todas a actividades que parten dende a nosa biblioteca.

 

BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

"Bibliotecas Escolares Solidarias", acolle varias accións de voluntariado cultural relacionado coas bibliotecas e a lectura, tendo como referencia o papel da biblioteca como espazo de convivencia e de compensación de desigualdades

Este curso participamos na proposta Voluntariado na biblioteca escolar, que ten como finalidade estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura, entre o alumnado de 5º e 6º de primaria.

 

RADIO NA BIBLIO

"Radio na biblio" pretende contribuíra o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a "centros creativos de aprendizaxes" e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio no contexto destas bibliotecas. Pode axudar, así mesmo, a ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. Cando a biblioteca incorpora un laboratorio de radio pode impulsar novos proxectos de carácter interdisciplinario, vinculados á educación para as competencias en información e medios.

Este curso bótase a andar a nosa emisora de radio Radio Palacios, xa está instalada a nosa emisora e no segundo trimestre levaranse a cabo obradoiros de formación e publicaranse as nosas primeiras producións.

 

BIBLIOTECAS CREATIVAS

A biblioteca, está a vivir importantes transformacións e unha das máis importantes e a de acoller todo tipo de actividades nas que as persoas usuarias (neste caso, alumnado, profesorado e familias) poden atoparse para pensar, deseñar, facer, construír e aprender xuntas, na liña dos makerspaces ou dos laboratorios de ideas.

Na actualidade, a biblioteca escolar contempla todo tipo de linguaxes (oral, escrito, icónico, audiovisual, artístico...) e posibilita ao alumnado múltiples oportunidades de aprendizaxe, de expresión e de creación.

Neste contexto de alfabetización múltiple encádrase a nosa nova sección “Zona Maker” destinada a introducir na biblioteca escolar unha nova linguaxe, a linguaxe de programación, e impulsar a utilización de pequenos robots en actividades destinadas a mellorar a comunicación lingüística do alumnado, a expresión oral, a creatividade, o traballo colaborativo, a investigación, a aprendizaxe manipulativa e o xogo.

 

 



page | by Dr. Radut