Skip to Content

11

Cando se levantaron, estaban no medio dunha praia de area fina e branca. Miraron ao seu arredor e quedaron abraiados. A illa era moi fermosa. Tiña moitas palmeiras e árbores con froitas que cambiaban de cores. Había xardíns con flores que se abrían e pechaban. Tamén había unha poza con peixes

prateados e ao lonxe había altas montañasrodeadas por néboa. Víanse loros e paxaros de cores que te podían levar voando e alí, no medio, había unha escola e moitos nenos corretexando arredor dela.Xogando cos nenos víanse un montón de animais que parecían moi contentos. De súpeto, viron que chegaban unhas barcas, e o máis sorprendente, era que nelas ían un montón de centauros. Os centauros baixaron das barcas e correron cara as montañas, que era onde vivían.



book | by Dr. Radut