NOVAS 2011

O EQUIPO DE BIBLIOTECA VEN DE PUBLICAR O LIBRO DE RECETAS DA CATA DE PRODUTOS DE OUTONO 2010-11

 

 

Logo de celebrar no primeiro trimestre co gallo do Magosto deste curso académico, o equipo de biblioteca coordinado co equipo de actividades extraescolares e o de Normalización lingüística quedaron en recoller as recetas da "Cata de produtos do Magosto" e elaborar un libro que presentaremos en formato físico e en versión e-book, O libro en versión dixital pode verse nesta nova.

Agradecemos a colaboración a todas aquelas persoas implicadas que o fixeron posible desde os alumnos, pais, profes, cociñeiras, conserxe... e emplazamosvos ao ano que ven para tratar de melloralo e superar ao deste ano, que deixou o listón ben alto.

Parabéns e grazas a todos os colaboradores.

O equipo de Biblioteca do CEIP A. Insua Bermúdez.

PUBLICADO O NOVO NÚMERO DA REVISTA A PRAVIA

 

 

 

clica nesta ligazón para ver a revista na nosa biblioteca virtual on-line máis grande a toda cor ou descargala

Nestes días o CEIP “A. Insua Bermúdez” edita un novo número da revista escolar A PRAVIA, coincidindo co mes das Letras Galega, e que fai o número 62. 

Os principais temas que aparecen na mesma son: un traballo sobre o escritor homenaxeado este ano, Lois Pereiro, que inclúe pasatempos e cómic sobre a súa figura; unha entrevista a Alejandra Vázquez Noche, presidenta da Banda de Música; unha ampla reseña do XV Certame Benjamín Paz; os traballos das aulas; as noticias do Cole; os nosos murais; a páxina de APA; un traballo de investigación; o homenaxe a dous mestres do Cole que se xubilan: Tino Fernández, director e titor de 5º, e Inés Lagüela, titora de 6º; o apartado de recensións de libros lidos por membros do equipo de redacción e que leva por título “Que lindo é ler!”, e un recordo especial para David Noche, alumno de 4º deste Centro que nos deixou para sempre no mes de marzo.

A revista repártese a tódolos membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás institucións e aos organismos públicos, asociacións culturais, medios de comunicacións, etc.

CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ” DE VILALBA

ENTREGA DE PREMIOS XV CERTAME BENJAMÍN PAZ E EDICIÓN REVISTA A PRAVIA

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO XV CERTAME LITERARIO BENJAMÍN PAZ

Premiados en el Certame Benjamín Paz (Foto. Cristina Pérez)

O venres, día 27 de maio de 2011, ás 19,30 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, o CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, organiza o acto de entrega de premios do XV Certame Literario e de Debuxo Benjamín Paz, que convocou coa colaboración da Asociación de Minusválidos “Benjamín Paz” e o propio Centro Cultural Recreativo, e que ten como fin primordial e fundamental o de lembrar a figura de Benjamín Paz Cordal.
O acto entra dentro tamén das actividades que o noso Colexio programa co gallo das Letras Galegas tendentes a fomentar a creatividade artística e literaria, por un lado, e a potenciar o idioma galego cara a consecución da súa plena normalización, por outro.
Para comezar o programa o Grupo de Teatro da ANPA do Colexio, dirixido por Estrella Naseiro, porá en escea a obra “Historias do Parque “.
A continuación darase lectua á acta do Xurado e levarase a cabo a entrega de premios. Complétase o programa cun pequeno recital poético a cargo de alumnos e alumnas gañadores no Certame.

RELACIÓN DE PREMIADOS

 

MODALIDADE

 

 

CATEGORÍA

 

 

TÍTULO

 

 

AUTOR/A

 

 

COLEXIO

 

 

PREMIO

 

 

POESÍA

 

 

1º CICLO

 

 

CANTA PAXARIÑO

 

 

JOSÉ EDUARDO LOSADA LÓPEZ

 

 

CEIP  “A. INSUA BERMÚDEZ”- VILALBA

 

 

1º PREMIO

 

 

POESÍA

 

 

2º CICLO

 

 

SOÑOS

 

 

UXÍA GATO DÍAZ

 

 

CEIP  “A. INSUA BERMÚDEZ”- VILALBA

 

 

1º PREMIO

 

 

POESÍA

 

 

3º CICLO

 

 

MATRIUSKA NA AULA

 

 

SARA LEAL REY

 

 

CEIP "MANUEL MATO VIZOSO"-VILALBA

 

 

1º PREMIO

 

 

A PRIMAVERA

 

 

ANDREA PARDO PERNAS

 

 

CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA

 

 

ACCÉSIT

 

 

NARRATIVA

 

 

1º CICLO

 

 

O COELLO E O FOTÓGRAFO

 

 

ANDRIÁN ROUCO INSUA

 

 

CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA

 

 

1º PREMIO

 

 

NARRATIVA

 

 

2º CICLO

 

 

O PINCEL MÁXICO

 

 

MANUEL FRANCISCO LAMELA GÓMEZ

 

 

CEIP "A. INSUA BERMÚDEZ"VILALBA

 

 

1º PREMIO

 

 

A FOLLA PINTA E O CARBALLO GRANDÓN

 

 

EVA SANMARTÍN VÁZQUEZ

 

 

CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA

 

 

ACCÉSIT

 

 

NARRATIVA

 

 

3º CICLO

 

 

TRAS A TEMPESTADE VÉN A CALMA

 

 

SAMUEL MONTERO COEDO

 

 

CEIP "A. INSUA BERMÚDEZ"VILALBA

 

 

1º PREMIO

 

 

O SOÑO QUE SE COOU NA REALIDADE

 

 

SARA LEAL REY

 

 

CEIP "MANUEL MATO VIZOSO"-VILALBA

 

 

ACCÉSIT

 

 

O SEGREDO DO RÍO

 

 

ALDARA VILLARINO VILLARINO

 

 

CEIP "A. INSUA BERMÚDEZ"VILALBA

 

 

ACCÉSIT

 

 

DEBUXO

 

 

INFANTIL 3 ANOS

 

 

 

 

 

LUCÍA VÁZQUEZ LOZANO

 

 

ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL - VILALBA

 

 

1º PREMIO

 

 

DEBUXO

 

 

INFANTIL 4 ANOS

 

 

 

 

 

ANTONIO MÉNDEZ HERNÁNDEZ

 

 

CEIP "MONSEIVANE"-MOREDA-LANZÓS

 

 

1º PREMIO

 

 

DEBUXO

 

 

INFANTIL 5 ANOS

 

 

 

 

 

AITANA GESTO REGO

 

 

ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL - VILALBA

 

 

1º PREMIO

 

 

 

ACCEDER A ENTREGA PREMIOS XV CERTAME BENJAMIN PAZ E EDICIÓN REVISTA A PRAVIA

 

 

 

 

MARCOS E AINÉ NOVO GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTEIS DO QUEIXO DE SAN SIMÓN. SUSANA VALLE CONSEGUIU UN ACCÉSIT

 

CONCURSO INFANTIL
Elegido el cartel que anunciará la feria el próximo año

Una de las novedades de la Festa do Queixo de San Simón de Vilalba fue la convocatoria del primer concurso de carteles al que concurrieron los alumnos de primaria de los colegios del municipio vilalbés. El trabajo ganador fue el elaborado por los alumnos del Insua Bermúdez Marcos Sachin y Anié Silpha, que se llevaron como premio, además de una consola, el reconocimiento a su creatividad al ser el cartel que se usará el próximo año para anunciar esta fiesta gastronómica. El jurado también otorgó tres accesits a Nuria Rouco Cuba, del Ceip Monseivane, Diego Ocampo López, del Terra Chá de Román, y Susana Valle Montes, del Insua Bermúdez. La concejala de ferias y mercados, Cheri Grandío, destacó la «participación positiva» de los colegios. 

(Fonte "EL PROGRESO")

 

 

 

ILUSTRACIÓN: CARTAZ ANUNCIADOR DA FEIRA DESTE ANO

 

CHEGOU O ENTROIDO 2011 AO CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ

UN ENTROIDO DE CONTOS


 



O venres, 4 de marzo de 2011 celebramos no noso cole a tradicional conmemoración de Entroido. Partindo do tema xeral acordado en reunión formal dos equipos de actividades complementarias e extraescolares o tema deste curso académico para o Entroido foi:  “personaxes de contos”.


O programa desta actividade foi o que sigue:




  • 13:00 h.- Preparación de disfraces nas aulas e "últimos retoques"


  • 13:20 h.- Saída das aulas e desfile no patio de arriba:

INFANTIL: Ratos coas flautistas de Hamelin.
1º Ciclo de Primaria:  Personaxes do Gato con botas.
2º Ciclo de Primaria: 3º- Mosqueteiros de Alexandre Dumas e 4º- Piratas da illa do tesouro de Stevenson
3º Ciclo de Primaria: Rebunbio de personaxes de contos multidisciplinares.



  • 14:00 h.- Xuízo ao presuntamente culpable Entroido (Xuíz, fiscal e abogado defensor de 6º) .


  • 14:10 h.- Execución da sentenza do tribunal, queima ou non!!!! ( Executará a sentenza se procede O Sr. Director)


  • 14:15 h.- Musical Blancaneves e os ananiños do alumnado de 6º.

  • 14:25 h.- Volta as aulas.


Deixamosvos unha mostra das imaxes na galería 


 


Clica na cámara para ver os disfraces e outras imaxes da festa

UN PROFUNDO VACÍO INUNDOU O NOSO COLE

Aínda ben non rematabamos de festexar no Centro o tradicional desfile de Antroido, con todos os nenos e nenas lucindo os seus disfraces, cando unha triste e inesperada noticia tallou de vez a ledicia e algarabia precedentes: fóisenos David Noche, alumno de 4ºB. 


 Levaba unha temporada, codo con codo cos seus pais, Nino e Mar, co ánimo elevado e co forte convencemento de repoñerse da súa enfermidade. Todos esperabamos que así fose e tiñamos moita esperanza de poder volvelo a ver metido de cheo na dinámica escolar diaria. Non puido ser. A vida, en moitas ocasións, produce enormes e dolorosas inxustizas. E esta foi unha delas.


 Xa non temos a David, entre nós. Outra estreliña que se nos apaga aquí, unha estreliña máis que nos alumea no ceo.


 David, non te esqueceremos, e para ti vai esta poesía:   


 Outra estreliña apagóusenos no Cole,
unha fonda tristura inúndanos de cheo.
A xente, apenada, mil bágoas bota
e sofre en silencio o triste momento. 


As aulas e o patio coa dor enmudecen,
e os nenos e nenas calados se quedan.
No cole entoamos unha canción triste
lembrando a David, que agora nos deixa.


Mais de pronto, no ceo, aparece un destello
brillando con forza, alumeando potente. 
Xuntouse coa outra sorrinte estreliña 
e agora, entre as dúas, relocen para sempre.


 


 


  



 

Distribuir contido