Actividades animación á lectura

Exposición de cabazas artísticas do Samaín 2014

Cartaz Web Samain 2014 CEIP Insua Bermudez vILALBA          

    

Lembrade que na Biblioteca temos unha exposición de libros sobre o Samaín e libros de historias de medo para aqueles que se atrevan! A ver se sodes quen de rematar un libro de terrooooorrr!. 

Neste enlace web dispoñedes de RECURSOS  SAMAÍN, con información sobre o Samaín. referencias de libros sobre a temática, manuais para facer cabazas arrepiantes e unha chea de recursos compilados pola coordinadora da biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos, autora do blogue de biblioteca da porquiña Rosiña, Asunción García.

Se clicades en adxuntos tedes a vosa disposión o arquivo imprimible e o editable da nota da exposición e das cartelas para identificarvos a vosa cabaza.  Saúdos e Bo Samaín! 

Recursos Para Traballar Samaín

XA TEMOS UNHA ESCOLAMA DO PROXECTO DE BIBLIOTECA 2013-14: O MUNDO DA CIENCIA

PROXECTO O MUNDO DA CIENCIA



 


PROXECTO  ESTUDO DO CRECEMENTO DO VERME DE SEDA E DA FORMACIÓN DO NOBELO



 


PROXECTO EXPERIMENTAMOS A RECICLAXE DO PAPEL



 


 


PROXECTO PARA COMPRENDER COMO FUNCIONAN AS COSTELAS AO RESPIRAR



 


PROXECTO EXPERIMENTO PARA COMPRENDER O FUNCIONAMENTO DO DIAFRAGMA AO RESPIRAR


XVI CERTAME BENJAMIN PAZ

ENTREGA DE PREMIOS DO XVI CERTAME BENJAMÍN PAZ  

O venres, 30 de maio de 2014, ás 19,00 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, o CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, organiza o acto de entrega de premios do XVI Certame Literario e de Debuxo Benjamín Paz, que convocou coa colaboración da Asociación de Minusválidos “Benjamín Paz” e o propio Centro Cultural Recreativo, e que ten como fin primordial e fundamental o de lembrar a figura de Benjamín Paz Cordal.

O acto entra dentro tamén das actividades que o Colexio programa co gallo das Letras Galegas tendentes a fomentar a creatividade artística e literaria, por un lado, e a potenciar o idioma galego cara a consecución da súa plena normalización, por outro.

Durante o acto, darase lectura á acta do Xurado e levarase a cabo a entrega de premios. Complétase o programa cun pequeno recital poético a cargo de alumnos e alumnas gañadores no Certame.

 

RELACIÓN DE PREMIADOS

MODALIDADE

CATEGORÍA

TÍTULO

AUTOR/A

COLEXIO

PREMIO

POESÍA

1º CICLO

TER UN IRMANCIÑO

ILINA MARÍA DRANCA DRANCA

CEIP  “A. INSUA BERMÚDEZ”- VILALBA

1º PREMIO

POESÍA

2º CICLO

RÍO MIÑO

ICÍA SAAVEDRA CORTIÑAS

CEIP  “A. INSUA BERMÚDEZ”- VILALBA

1º PREMIO

POESÍA

3º CICLO

NENA PERDIDA

EVA SANMARTÍN VÁZQUEZ

CEIP  “A. INSUA BERMÚDEZ”- VILALBA

1º PREMIO

NARRATIVA

1º CICLO

O LAPIS FALADOR

MARÍA SEOANE GONZÁLEZ

CEIP "MANUEL MATO VIZOSO"

1º PREMIO

NARRATIVA

2º CICLO

O PAÍS DOS DESEXOS

AURORA ROMERO TRASTOY

CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA

1º PREMIO

NARRATIVA

3º CICLO

O MEU PRIMEIRO DÍA NO INSTITUTO

ARIANA NÚÑEZ SEOANE

CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA

1º PREMIO

DEBUXO

INFANTIL 3 ANOS

 

MATÍAS MORANDEIRA FRAGA

CEIP "A. INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA

1º PREMIO

DEBUXO

INFANTIL 4 ANOS

 

UXÍA LEDO CORDAL

CEIP "MONSEIVANE"-MOREDA-LANZÓS

1º PREMIO

DEBUXO

INFANTIL 5 ANOS

 

MARÍO CASTRO ABOLLO

CEIP "A. INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA

1º PREMIO

ENTROIDO 2014: ORDES DE PEPETE, CIENTÍFICO EN PARO, PARA A SEMANA DE DON CARNAL.

 

O xoves lembrade traer a vosa cabeciña con algún adorno: sombreiro, pamela. gorro, pucha... e ao ser ordes acumulativas non esquezades o dos días anteriores.

 

Para mañá mércores traede algo no cuello e lembrade que as ordes son acumulativas, tamén debedes traer posto o que pediu Pepete o luns e o martes.

 

Mañá Martes deberedes traer outros calcetíns limpos de diferente cor e unha camiseta ou chaqueta do revésQuen se atreve!

 

Cada día da semana de Entroido Pepete iranos dando ordes para vir vestidos dun xeito moi especial.

Este próximo luns 24 deberemos traer calcetíns de diferente cor, un calcetín de cada cor, faciliña verdade!.

Que ven o Entroido!!!!!!!!!! ;-) ;-)

 

 

VISITA DIDÁCTICA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS

        REPARTO DE GRUPOS PARA VIAXAR NOS BUSES
Visita Didáctica aos Museos Científicos da Coruña

AUTOBUSES VERMELLO LARANXA VERMELLO/LARANXA
CURSOS 3ºA - 3ºB 2ºA-2ºB 1ºB e 4ºA
MESTRES/AS Tomás, Carmen V. Pili Lama Senén, Isabel V., Isabel M. María, Laura, Teresa Santiso




AUTOBUSES VERDE AZUL

VERDE/AZUL

CURSOS 5º A e 5ºB 6ºA e 6ºB 4ºB
MESTRES/AS Pili Noche, Ánxeles, Maite Arturo, Tino, Montse Tarsicia, Menchu, Inés
    

*Para o regreso buscaremos un punto de encontro para voltar todos xuntos.

 

VISITA DIDÁCTICA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA


 

 

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DOS DIFERENTES GRUPOS

 

GRUPO 64

GRUPO 66

Grupos: 3º A/B, 4ºA (19+19+26+5 mestres=69) Grupos: 1ºA/B, 2ºA/B (62+4 mestres=66)
8:30h Saida á Coruña 8:30h Saida á Coruña
10:00h Chegada á Casa das Ciencias: Planetario 10:00h Chegada á Casa das Ciencias. Salas Exposicións.
11:00h Casa das Ciencias: Exposicións 11:30h Casa das Ciencias: Planetario.
12:15h Saída ao Aquarium Finisterrae (Chocolatina) 12:15h Saída ao Aquarium Finisterrae (Chocolatina)
12:30h Comezamos a visita ao Aquarium Finisterrae 12:30h Chegada ao Aquarium Finisterrae.
13:45h Saída andando ao Domus
14:00h Picnic na Domus 14:45h Saída hacia a Domus
15:00h Descanso nas instalacións da Domus, A indicar alí. 15:00h Picnic na Domus.
16:00h Domus: Magnavisión 16:00h Domus: Salas de Exposición
17:00h Domus: Sala de Exposición 17:00h Domus Magnavisión
18:00h Fin da Visita 18:00h Fin da Visita
Mestres  Tomás, Mª Carmen, María G., Pila Lama, Laura Mestres  Isabel B., Teresa S., Isabel, Senén

 

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DOS DIFERENTES GRUPOS

 

GRUPO 65

GRUPO67

Grupos: 5ºA/B + 19 nenos 4ºB+4 Mestres= 67 Grupos: 6ºA/B+ 8 de 4ºB+4 Mestres+1 Coidadora=64
8:30h Saída hacia Coruña 8:30h Saída hacia a Coruña
10:00h Chegada a Domus: Magnavisión 10:00h Chegada ao Domus. Salas de Exposición
11:00h Domus: Salas de Exposición 11:30h Domus: Magnavisión
12:00h Picnic 13:00h  Picnic
13:00h Saída hacia Aquarium Finisterrae 13:45h Saída ao Aquarium Finisterrae
13:30h Aquarium Finisterrae: Salas de Exposición 14:00h Aquarium: Salas de Exposición
15:30h Saída hacia Casa das Ciencias 15:30h  Saída hacia a Casa das Ciencias.
16:00h Casa das Ciencias. Planetario (Chocolatina) 16:00h Casa das Ciencias: Exposicións (Chocolatina).
17:00h Casa das Ciencias: Salas de Exposición 17:00h  Casa das Ciencias Planetario
18:00h Fin da visita. 18:00h Fin da Visita
Mestres:  P. Noche, Tarsicia, ángeles, Maite Mestres:  Arturo, Tino, Montse, Menchu, Inés

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES DO MAGOSTO: II CATA DE POSTRES DE CASTAÑA NO CEIP ANTONIOINSUA BERMUDEZ

 

Como unha actividade enmarcada na programación de Magosto 2013, o equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, o equipo de Normalización e o equipo de biblioteca organizaron a II edición da Cata de postres de castaña no noso centro..

Para o luns 11 de novembro o alumnado participante debería traer un postre elaborado con castañas como ingrediente importante, a maiores e coa i9ntención de editar un libro coas receitas participantes, pediamos a receita de dito postre. A tódolos participantes se lles agasallou con detalle simbólico e coa posibilidade de ver nun libro a súa obra culinaria.

A participación foi maior da esperada, duns 40 postres que agardabamos como na primeira edición, apareceron uns 113. Gracias a tódolos participantes!

Logo de fotografiar tódolos postres e identificalos coas súas cartelas, todo o alumnado foi pasando por quendas pola Biblioteca para degustar os que máis apetecían. Ao final como era tanto postre repartimolos os días seguintes no comedor e nos recreos da mañá.

No album fotográfico podedes ver algunhas das marabillas que fixeron nos fogóns estes master-chef da cociña.

Participantes II Cata Postres Castaña Magosto 2013 CEIP Insua Bermúdez Vilalba

Clica na ligazón para ver a galeria de imaxes do evento.

SAMAIN 2013: A FESTA CELTA DA FIN DE ESTACIÓN

 

Cartaz Web SAMAIN 2013 CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA

 

Neste curso 2013 celebramos unha exposición de cabazas de Samain, na ligazón de abaixo amosamosvos unha escolma dalgunhas obras de arte realizadas polo alumnado e familias do centro CEIP Antonio Insua Bermúdez.

 

Clica no enlace para acceder á galeria de imaxes do evento.

 

Lapela Blogue da Biblioteca; Actividades de Animación á lectura

Blogue Biblioteca Insua Bermudez Animación á lectura

Distribuir contido