Ed. Física

CLASIFICATORIO DUATLÓN ESCOLAR LUGO, SÁBADO, 23 FEBREIRO 2019

CartazDuatlónSan RamónVilalbaCEIPInsuaBermúdezPlanProxectaProxectoDeportivo Centro

Montaje creado Bloggif

 

 

Imaxes dos participantes do curso pasado 2017-18 na Proba do Rato en Lugo

Organiza: A.D. FeFeMe Tríatlon do Miño Cidade de Lugo Fluvial Lodeco S.L.U. Federación Galega de Tríatlon Email: fefemetriatlon@yahoo.es

Promove e Patrocina: Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia Patrocina: Concello de Lugo Fundación Deporte Galego Colaboran: Protección Civil Concello de Lugo Policía Local. 

Transporte Bus: bus ás 9:15h do Campo da Feira en Vilalba, saída a Lugo ás 9:30h.  A bicicletas viaxan no maleteiro do bus cárganse de 9:15h a 10:00h. 

Participantes previstos: 60

Saída, transición e meta: No paseo do Rato, á altura do restaurante Terras do Miño. O Circuíto estará pechado ao tráfico pola Policía Local, desde unha hora antes da 1ª proba ata o remate da derradeira carreira.

Recollida de dorsais: Na carpa de organización desde 45´ antes do comezo de cada proba ata 10´ antes da saída. A partires das 10 pechan o tráfico ata o final da proba.

Data e horario da carreira: Sábado 23 de febreiro de 2019

  • Recollida Dorsais: 10:10h ata 10´antes de cada proba. Verificación de material 10´antes de cada proba.
  • Saída categoría benxamín ás 11:00h. Alumnado de 3º e 4º primaria. Distancias Categoría benxamín: 0,5 Km de carreira a pé – 2 Km en bicicleta – 0,250 Km de carreira a pé. 
  • Saída categoría alevín ás 11:20h. Alumnado de 5º e 6º. Distancias Categoría alevín: 1 km de carreira a pé – 4 km en bicicleta – 0,5 km de carreira a pé.
  • Saída categoría infantil ás 11:50h. Alumnado de 1º e 2º da ESO. Distancias Infantil: 1.5 km de carreira a pé – 6 km en bicicleta – 0.750 km de carreira a pé.
  • Saída categoría cadete ás 12:30h. Distancias Categoría cadete: 2 km de carreira a pé – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pé Participantes:
  • Hora de remate das probas ás 13:30 h.  

Deportistas mutualizados no Programa Xogade 2019 da Secretaría Xeral para o Deporte, na actividade de Dúatlon Escolar

 MATERIAL NECESARIO: Casco, Bicicleta de marchas: rodas en bo estado, freos en bo funcionamento e tapóns dos puños do manillar postos.

INSCRICIÓN: O alumnado do Triatlón S. Roque apuntase nas escolas con Javi e no cole os que non pertenzan ao clube recolle ata o Luns inscricións profe SUSO, e logo pásallas a Javi do Triatlón San Roque. Despois do martes non se pode inscribir a ninguén. Andade lixeiros con tempo.

Premios:Medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e sexo.

Normas de competición A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento de Actividade deportiva en idade escolar 2019 que edita a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e do regulamento de competicións das Federacións Galega e Española de Tríatlon.Ver Regulamentos

ENLACE GOOGLE MAPS RESTAURANTE TERRAS DO MIÑO

ENLACE DA PROBA NA PÁXINA DA FEDERACIÓN 

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR CAMPO A TRAVÉS A MAGDALENA 3 FEBREIRO 2019

 

CIRCUITOpROVINCIAL cAMPO Través Escolar 2019 Vilalba

  • LUGAR DA PROBA: Circuíto do Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).   
  • DORSAIS: reparto ás 10:20,  con tempo para pasar lista, quentar, verificar dorsais... antes da 1º proba ás 11:30h. Os dorsais non é posible entregalos antes. Pódense facer cambios ata as 11:15 soamente.  Todos deben coñecer os seus equipos para a saída e a entrega de premios por equipos. Están na web e na Entrada do cole. Na meta defínense os equipos do Campionato Galego, salvo os Benxamíns que non van ao Galego.
  •  Os que teñan EQUIPACIÓN do cole (sudadeira, camisetas, polo ou chándal que a traian para facer imaxe de equipo). RECUPERAR FOLGOS: traede algo de bocadillo, froita… daran auga. CATARROS E SINÓNIMOS: vai chover recoméndase que traian xa da casa, baixo o chándal, roupa óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas longas, camiseta longa ou curta. (se vai moito frío uns guantes para as mans, unha braga de montaña para a gorxa, gorro para a cabeza). ABRIGOS NON. lEVAR oupa para cambiarse: chándal, camiseta, toalliña, calcetíns e roupa interior, outro calzado seco… unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia. Hai vestiarios habilitados.
  • RESULTADOS: na caseta das bancadas iranse poñendo os resultados individuais/equipos
  • ENTREGA DE TROFEOS: Logo da carreira de Cadetes, Acto de Trofeos Individuais e de Equipos, OBRIGADOS A ESTAR POR EQUIPOS PARA COLLER OS TROFEOS. Os Resultados DEFINIRÁN equipos do GALEGO, van os dous primeiros equipos e os 8 primeiros individuais que non foron por equipo. Na web tedes máis información.

CLICA AQUÍ ABAIXO PARADESCARGAR AS INSCRICIÓNS INDIVIDUAIS E EQUIPOS.

 

 

 

RESULTADO E IMAXES DA PROBA CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS TERRA CHÁ

Montaje creado Bloggif

Montaje creado Bloggif

 

 CLICADE NAS LIGAZÓNS PARA ACCEDER AOS DOCUMENTOS EXCELL DOS RESULTADOS

BENXAMÍN FEMININO   BENXAMÍN MASCULINO  
ALEVÍN FEMININO   ALEVÍN MASCULINO  
INFANTIL FEMININO   INFANTIL MASCULINO  
CADETE FEMININO   CADETE MASCULINO  

PROBA CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS NA MAGDALENA O DOMINGO 20 DE XANEIRO DE 2019

CAMPO A TRAVÉS       domingo 20 DE XANEIRO DE 2019          PROBA CLASIFICATORIA       

http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd98/HisArtLit/01/corredores.jpg

  Participantes: Inscritos de 2º,3º,4, 5º, 6º e da E.S.O. Ver equipos na web do centro. Inscricións e cambios de última hora ata  as 10:45.

*     

Lugar da proba: Circuíto do Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).

*     

Horario das probas (lembrade que é provisional e estimado):  

*Probas Benxamíns ( 11-10):   11:00h Fem.  11:10h Masc.           * Probas Alevíns (09-08).11:25h Fem.         11,40 h Masc.

*Probas Infantís (07-06) 12,00h. Fem.               12,20h Masc.        *Probas Cadete (05-04) 12.40 Masc./Fem.   (APROXIMADO)

*     

Dorsais: reparto ás 10:00,  con tempo para pasar lista, quentar, verificar dorsais... antes da 1º proba ás 11:00h. Os dorsais non é posible entregalos antes. Pódense facer cambios ata as 10:45 soamente.  Todos deben coñecer os seus equipos para a saída e a entrega de premios por equipos. Na meta defínense os equipos do seguinte provincial.

*     

Os que teñan EQUIPACIÓN do cole (sudadeira, camisetas, polo ou chándal que a traian para facer imaxe de equipo). RECUPERAR FOLGOS: traede algo de bocadillo, froita… daran auga. CATARROS E SINÓNIMOS: vai chover recoméndase que traian xa da casa, baixo o chándal, roupa óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas longas, camiseta longa ou curta. (se vai moito frío uns guantes para as mans, unha braga de montaña para a gorxa, gorro para a cabeza). ABRIGOS NON. lEVAR oupa para cambiarse: chándal, camiseta, toalliña, calcetíns e roupa interior, outro calzado seco… unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia. Hai vestiarios habilitados.

*     

RESULTADOS: na caseta das bancadas iranse poñendo os resultados individuais/equipos

*      ENTREGA DE TROFEOS: Logo da carreira de Cadetes, Acto de Trofeos Individuais e de Equipos, OBRIGADOS A ESTAR POR EQUIPOS PARA COLLER OS TROFEOS. Os Resultados DEFINIRÁN equipos do PROVINCIAL o 3 febreiro na Magdalena. Na web tedes máis información.

Cartaz Campo Traves Plan PrxectaInsus 2019

XORNADA PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS 15-01-2019 NA MADALENA

Gran xornada participación escolar na primeira proba Preparatoria de Campo a Través zona da Terrá Chá con atletas de Pastoriza, Outeiro de Rei, Guitiriz, Abadín e Vilalba no circuíto da MADALENA en Vilalba.

O noso centro acudiu cunha nutrida representación sobre uns 170 deportistas, entre benxamíns, alevíns e infantís.

Podedes ver os resultados abaixo á dereita en ADXUNTOS, por categorías e por sexo.

MOITOS PARABÉNS a TÓDOLAS PERSOAS PARTICIPANTES NESTA EDICIÓN DA PREPARATORIA. SODES UNS CAMPIÓNS E UNHAS CAMPIONAS!

O próximo domingo 20 de xaneiro organizarase a sesión Clasificatoria que dará acceso ao Campionato Provincial aos dous mellores equipos de cada categoría e aos 8 primeiros clasificados que non figuren nun equipo. Omércores e o xovesson os días para se apuntar, invitamos aos atletas da ESO   e aos que o desexen para participardes.

Lembrade lavar a equipación e tela preparada para a proba CLASIFICATORIA. Os que non poidan asistir que a entreguen no recreo ao profe SUSO para borralos do listado.

COMEZA O CAMPO A TRAVÉS

cartaz-Campo-Traves-InsuaBermudez_Vilalba

Comezamos a Temporada de Deportes Escolar coas Probas de Campo a Través, non vos despistedes que temos dúas probas na mesma semana.

PROBA PREPARATORIA

martes 15 de xaneiro, en horario lectivo, regreso con tempo para o comedor.

PROBA CLASIFICATORIA

domingo 20 de xaneiro, pola mañá. (equipos segundo chegada na Preparatoria)

CAMPIONATO PROVINCIAL

domingo 3 de febreiro, pola mañá na Magdalena.

O importante e facer algo de Actividade Física e pasalo moi ben esforzándose un pouquiño, Pasaremos polas aulas para mirar as tallas de camisetas e apuntar aos que ides  participar.

A orde de chegada na Preparatoria será a empregada para facer os equipos da Proba Clasificatoria do Domingo seguinte.

Nos recreos andamos onde a árbore do campo de fútbol sala para entrenar un pouco.

   

Participantes: AUTORIZADOS DE 2º,3º,4, 5º, 6º e da E.S.O.. Prégase apuntarse soamente cando se está seguro de asistir. Estas Actividades Deportivas son  gratuítas. Quedará profesorado traballando cos que non vaian. Hai que vir ao cole!.

  Lugar da proba: Circuíto do Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).

 Horario das probas (lembrade que é provisional e estimado):  FARASE FOTO DE GRUPO ao final, prestade atención!

*Probas Benxamíns ( 09-10):   11:00h Fem.  11:10h Masc.         * Probas Alevíns (07-08).11:25h Fem.        11,40 h Masc.

*Probas Infantís (05-06) 12,00h. Fem.              12,20h Masc.        *Probas Cadete (03-04) 12.40 Masc./Fem.   (APROXIMADO)

Bus: Un bus fará os traslados dos nenos/mestres por quendas antes das 10:30,  con tempo para pasar lista, quentar, verificar dorsais... antes da 1º proba ás 11:00h. Os dorsais se é posible entréganse  antes. MOI IMPORTANTE NON PERDER O DORSAL sen el non se poderá participar.

 Os que teñan EQUIPACIÓN do cole (sudadeira, camisetas, polo ou chándal que a traian para facer imaxe de equipo). RECUPERAR FOLGOS: Para repoñer forzas: facer estiramentos, beber auga, comer bocadillo e froita. CATARROS E SINÓNIMOS: recoméndase que traian xa da casa, baixo o chándal, roupa óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas longas, camiseta longa ou curta. (se vai moito frío uns guantes para as mans, unha braga de montaña para a gorxa, gorro para a cabeza). ABRIGOS NON. lEVAR oupa para cambiarse: chándal, camiseta, toalliña, calcetíns e roupa interior, outro calzado seco… unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia. Podedes ducharvos nos vestiarios ou na casa. ;-)

  Nais e pais colaboradores: Prégase colaboración paraaxudar aos atletas a cambiarse nos vestiarios. Vóltase con tempo para o comedor. Os Resultados DEFINIRÁN equipos da clasificatoria.

 

CHÁNDAL E EQUIPACIÓN DEPORTIVA DO INSUA BERMÚDEZ

EQUIPACIÓN CHÁNDAL CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ 18-19

*Unha vez rematado este prazo, agardarase a xuntar varios pedidos para aforrar custos de envío. Pódense facer pedidos despois deste prazo igualmente ;-).

** Clicade na Imaxe para ver en Google maps a ubicación da tenda CUSTOMIZE.

SOLICITUDE DA CONCESIÓN DO CERTIFICADO DE CALIDADE DE CENTRO SAUDABLE 17-18

O curso pasado presentamos por primeira vez a solicitude, máis problemas de firma electrónica e un erro de envío fixo que non chegara ao Ministerio de Educación, este ano voltamos tentalo e velaí vos presentamos a memoria que remitimos. Sabemos que o reto é complicado, o derradeiro curso de varias centenas de solicitudes soamente concederon 40 certificados.

Solicitude centro saudable 2017-18 ceip antonio insua bermudez

 

Montaje creado Bloggif

EXCELENTE PARTICIPACIÓN DO INSUA NA CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS DE VILALBA

 

 

Uns 270 escolares do noso centro acudimos na xornada do mércores ás inmediacións da Plaza da Constitución de Vilalba a celebrar con escolares de toda a vila a tradicional Carreira das Letras Galegas organizada pola concellería de Deportes de Vilalba. Parabéns a tódolas persoas participantes.Montaje creado Bloggif

NOTA IX CARREIRA LETRAS GALEGAS

Co gallo da IX Carreira das Letras Galegas de mañá queremos puntualizar varias dúbidas presentadas por diferentes canles,perdoade porque fixemos a primeira hora da tarde un Tokapp  e por algunha razón non chegou.

  • Sairemos do centro sobre as 10:00 da mañá, iremos andando con profesorado e reforzos suficientes.Levarán os dorsais postos na camiseta do cole para todo o alumnado de segundo a sexto de primaria. Os atletas de Infantil e 1º de Primaria, para os que non podemos prestar camisetas, pedímoslles que leven a equipación do cole ou no seu defecto camiseta nalgún tono de azul sempre que poidan. Antes das 11:00 recolleremos na carpa de organización os dorsais que tiveron incidencias, recoller e listo.
  • A primeira carreira comeza ás 11:00 POR SE QUEREDES ANIMAR.
  • A ORDE DAS CARREIRAS :
    • Os primeiros en correr son +5, as pequenas de infantil e logo os rapaces de infantil, ao rematar farase entrega de dorsais para que volvan ao centro. andando sen agardar polo resto.
    • A seguinte categoría en correr é a +7, os atletas de 1º,2º e 3º de Primaria, primeiro corren as nenas e logo os nenos, por separado.
    • Segue a categoría +10, dos cursos de 4º, 5º e 6º. primeiro nenas e logo nenos.
    • Remata a categoría +13, do mesmo xeito diferenciando carreira feminina e masculina.
  • ENTREGA DE PREMIOS aos tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo.
  • REMATE entre as 12:30h e 13:00h
  • ASEO E MERENDA:
    • Cando rematan a proba haberá avituallamento, bebida e froita, de tódolos xeitos seria bo que levaran merenda a maiores e unha camiseta para cambiarse( Infantil Non).
  • MOCHILA ESCOLAR:
    • Haberá clase normal a primeira e última hora, non veñades sen nada, e os que non van traballarán como un día normal.

 

ATENTAMENTE O EQUIPO DE E.F. do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ.

Distribuir contido