1ª PROBA CLASIFICATORIA BENXAMIN-ALEVÍN ATLETISMO XOGADE 27/03/2022 no Estadio Gregorio Pérez Ribera de Lugo

 Resultados AtletismoXOGADE22 benxAlevin27_03_22Lugo

CLICA NA IMAXE OU NESTE ENLACE PARA VER OS RESULTADOS DA XORNADA BENXAMÍN E ALEVÍN XOGADE de ATLETISMO

 Atletismo xogade Benxamin Alevin PAVD INSUA BERMUDEZ 1ª Clasificatoria 27_03_22

Clica para acceder á Galería de Imaxes

 

Modificación do Horario de Atletismo na Xornada Inaugural de Atletismo XOGADE Benxamín e Alevín

Gif Animado Atletismo Xogade Insua Bermúdez Benxamin Alevin  2022

LUGAR DA PROBA: Estadio Atletismo Gregorio Pérez Rivera de Lugo, (Clica para ver a localización en Google Maps) xunto ao Pavillón Novo do Breogán, na zona Universitaria de Lugo. 

HORARIO: Debemos estar 30 minutos antes de cada proba, vide con tempo para coller dorsal e estar na cámara de chamadas para cada proba.Controlade as vosas probas, marcádeas no horario e contade cos 20 min antes da cámara de chamadas.

XORNADAS COMPETICIÓN

  • 27 de marzo 2022 24 de abril 2022 – Xornadas Clasificatoria Categoría Benxamín e Alevín.
  • 29 de maio 2022 – Campionato Provincial e Combinadas Benxamín e Alevín.

EQUIPACIÓN DO INSUA:levade a equipación do Insua se a tedes. Camiseta do Insua e lembrade devolvela ao final dos campionatos de atletismo.

COMPORTAMENTO: agárdase un comportamento exquisito de tódalas persoas deportistas, representamos ao Insua Bermúdez e calquera acción que perxudique a imaxe do centro educativo, levará a non contar coa persona infractora en próximas ocasións.

ANTICOVID: Certificado Vacunación obligatorio ou no seu caso un certificado test negativo antíxenos farmacia realizado o día anterior,  para retirar o DORSAL na Secretaría. Mandade por correo a susoabuin@edu.xunta.gal e axilizase a retirada. Se non o facedes levade o certificado e retirade vós o dorsal EN SECRETARÍA, ide con tempo  pola posible cola.  CONTACTO:  SUSO 616501003.

CAMBIO HORARIO: Ollo co cambio Horario que entra na noite do sábado 26 de marzo ao domingo 27 de marzo.

ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2022-2023 neste centro presentáronse:

- 12 Solicitudes para 4º de Educación Infantil, habendo 25 prazas vacantes.

- 10 Solicitudes para 1º de Educación Primaria, habendo 25 prazas vacantes.

 

Dado que en ningún dos dous cursos se superou o número de vacantes, TODAS as solicitudes quedan admitidas.

 

As novidades iranse publicando na páxina web e no taboleiro de anuncios do centtro, estade atentos.

Lembrámoslles que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.

COLABORADORAS/ES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR

 

COLABORADORES/AS PARA ATENDER AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR

Infórmase de que se abre o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2021-2022, podes descargar aquí a túa solicitude e presentala no centro.

COMEZA A TEMPORADA DE ATLETISMO 2022

CartazAtletismo InsuaBermudez2022

 

OBXETIVOS XERAIS.

  • Fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable.
  • Difundir os valores da competición dende unha perspectiva máis regrada.
  • Experimentar a práctica atlética dende unha perspectiva máis regrada.

 

CALENDARIO DE PROBAS.

As probas preparatorias e o Provincial celebrárase no Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo, sendo aconsellable (non obligatorio) o uso de zapatillas de cravos, sen que estes sobrepasen os 6 mm de lonxitude, quedando exentos desta norma os participantes nas probas de marcha e lanzamento de peso/disco e martelo.

 

As probas a celebrar son:

  • 27 de marzo 2022 – 1ª Xornada Clasificatoria Categoría Benxamín e Alevín.
  • 3 de abril 2022 – 2ª Xornada Clasificatoria. Categoría Infantil e Cadete.
  • 24 de abril 2022 – 3ª Xornada Clasificatoria. Categoría Benxamín e Alevín.
  • 8 de maio 2022 – 4ª Xornada Clasificatoria. Categoría Infantil e Cadete.
  • 29 de maio 2022 – Campionato Provincial e Combinadas Benxamín e Alevín.
  • 12 de xuño 2022 – Campionato Provincial e Combinadas Infantil

 HorarioAtletismoBenxaminAlevin

 

INSCRICIÓN

Data límite de inscripción será antes das 21:59 do MARTES anterior a cada proba clasificatoria.

Os dorsais serán recollidos por cada entidade na secretaría da competición, ou como determine a organización en función das circunstancias.

Listado de Inscrición para domingo 27 marzo de 2022 

CATEGORÍA ANOS no curso 2021-2022.

  • Benxamín/sub-10 2013-2014
  • Alevín/sub-12 2011-2012
  • Infantil/sub-14 2009-2010
  • Cadete/sub-16 2007-2008

 

SISTEMA DE COMPETICIÓN.

COMPETICIÓN INDIVIDUAL.

• Fases Clasificatorias, para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil .

Tanto masculino coma feminino.

• Campionato Provincial, para as categorías Benxamín, Alevín e Infantil.

COMPETICIÓN PROBAS COMBINADAS

• Alevín e Infantil: Campionato Provincial.

 

FASES

Celebraránse dúas xornadas clasificatórias á fase final provincial, nas que se programarán todas as probas indicadas no cadro anexo.

Nas fases previas ao provincial específicas para benxamin, alevín e infantil individual, autorizarase a inclusión de probas e participación dos atletas cadetes, sempre que non provoque unha alteración no desenvolvemento da xornada.

No caso das probas combinadas realizarase un Campionato Provincial de Probas Combinadas sempre coincidindo en data cos campionatos en pista. A inscrición é aberta, sen clasificación previa. No suposto de que nalgunha provincia se prevea unha participación masiva, esta poderá limitarse a un número determinado de participantes por entidade, en función da dispoñibilidade organizativa.

PARTICIPANTES POR ENTIDADE

Cada entidade poderá participar nas fases previas co número de participantes que desexe, a excepción dos concursos, nos que o número máximo de participantes por entidade, proba e categorías será de 6. En casos de escasa participación, e de forma excepcional, os Servizos Provinciais poderán autorizar a participación de máis atletas por proba e entidade, sempre que non se interrompa o normal desenvolvemento da competición. A participación nas fases provinciais queda supeditada a normativa propia de cada Campionato.

Cada entidade só poderá presentar un equipo de relevos por categoría e sexo

 

PARTICIPACIÓNS MÁXIMAS

Benxamín e Alevin. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250 m. A proba de relevos NON se considerará unha proba (carreira).

Infantil e Cadete. Cada atleta poderá participar como máximo en tres probas das que compoñen o programa, respectando sempre a seguinte norma: 3 concursos, un concurso e 2 carreiras, ou 2 concursos e unha carreira. No caso de participar en 2 carreiras, somentes unha poderá superar os 250 m en infantís e os 600 m en cadetes.

A proba de relevos NON se considerará unha proba (carreira). Os participantes en Triatlón (alevín) e os participantes en Tetratlón (Infantil) non poderán participar na mesma xornada noutra proba do programa individual nin no relevo.

NÚMERO DE INTENTOS.

Xornadas previas á provincial. Nos saltos horizontais e lanzamentos os participantes terán dereito a 3 intentos, excepto naquelas probas nas que teñan 9 ou menos participantes, nas que se realizarán 3 intentos e mellora.

Campionatos provinciais. Todos os concursos se celebrarán con mellora.

 

CLASIFICACIÓNS.

Para o Campionato Provincial. Para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil (masculino e feminino), clasificaranse as 16 mellores marcas das fases clasificatorias en cada proba. Se algún ou algunha atleta non puidera participar en ningunha das fases previas por motivos de enfermidade, lesión, etc, será potestade do Servizo Provincial correspondentes a súa admisión na fase provincial, previa proposta razoada da Federación Galega ou Delegación Federativa correspondente.

Na categoría cadete masculino e feminino clasificaranse para o Campionato Galego os atletas que acaden as marcas mínimas establecidas pola Federación Galega de Atletismo.

No Campionato Provincial, nas carreiras por rúas, si ás condiciciós o permiten, celebrarase semifinal e final, clasificándose para a final segundo o artigo 166.2 da Regulamentación Internacional de Atletismo.

 

INFORMACIÓN RESULTADOS.

Federación Galega de Atletismo

atletismo.gal

 

Formación PROFESORADO: Actualización manexo DESA e RCP.

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 21 DE MARZO, (OLLO O 1 E 2 O CENTRO ESTARÁ PECHADO POLO QUE SO SE PODERÁN FACER A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA)

 

SOLICITUDE:

Impreso de Solicitude debidamente cumprimentado e asinado polos dous proxenitores, (modelo ED550B) podes descargalo aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisiónalumnado (Seguindo os seguintes pasos: Solicitudes >Admisión>Crear)

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopias do libro de familia:

    - da folla de inscrición do neno/a.

    - da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo.

    - da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro.

2. Fotocopia dos DNIs: 

    - do alumno (si o ten)

    - de ambos os dous proxenitores

3. Informe médico.

4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

7. Tres fotografías tamaño carné

8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 día hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

 

NORMATIVA

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2022-2023 ven regulado na seguinte normativa:

Decreto 12/2022, do 03 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado aen centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

Orde do 18 de decembro de 2020, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

Entroido. Ordes do Meco

Queridos alumnos/as e familias!

Como xa sabedes o entroido está a piques de comezar. Un ano máis, o noso Meco encargarase de ambientar o noso centro. De luns a xoves, todos/as aqueles que queiran, terán que traer o complemento que o Meco lles indique. Este ano, as ordes do Meco estarán relacionadas co noso proxecto da biblioteca. 

O venres 25 poderedes vir disfrazados como máis vos guste, intentade non traer disfraces que den demasiado medo ou obxectos que poidades perder con facilidade. 

Aquí vos deixamos os carteis coas ordes para a vindeira semana:

 

 

Campionato Provincial Campo a Través Vilalba 12/02/22 e CAMPIONATO GALEGO Campo a través Lourenzá 20/02/22

NOVA HORA DE CHEGADA ÁS GRADAS: 9:50 AM

Documento coas QUENDAS DA CADA CARREIRA: LEVADE CLARO DE QUE QUENDA SODES: 

Documento cos DORSAIS por Clubes

 

CartazCampoTravesInsuaBermudezPAVD21-22

Campionato Provincial XOGADE Campo a Través Insua Bermudez Vilalba 2022 pvad Proxecta

 

 Clica para ver a Galería de Imaxes

NORMATIVA CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO TRAVÉS ESCOLAR ( Resumo) (ver documento completo)

Data e Lugar da Proba: sábado 12 de febreiro de 2022 na Área Recreativa da Madalena en Vilalba.

Categorias, distancia e hora de saída:

HORA SAÍDA

aproximada

CATEGORÍA

ANOS

NACEMENTO

DISTANCIA

PERCORRER

11:00 h Benx Feminino 2013-14 (2º-3º prim) 700 m
11:20 h Benx Masculino 2013-14 (2º-3º prim) 700 m
11:40 h Alevín Feminino 2011-12 (4º-5º prim) 1.300 m
12:00 h Alevín Masculino 2011-12 (4º-5º prim) 1.300 m
12:20 h Infantil Feminino 2010-09 (6º-1º ESO) 2.000 m
12:45 h Infantil Masculino 2010-09 (6º-1º ESO) 2. 000 m
13:10 h Cadete Feminino 2008-07 (2º-3º ESO) 2.600 m
13:30 h Cadete Masculino 2008-07 (2º-3º ESO) 2.600 m

Mutualidade: Tódolos participantes deben estar mutualizados e ter presentado os papeis de autorización de rexistro na plataforma XOGADE.

Inscricións: rematará o VENRES 4 de FEBREIRO. Buscamos e invitamos a alumnado da ESO de 1º,2º e ou 3º que se queiran apuntar a se comprometan a ver unha vez inscritos.

CHIP: instrumento tecnolóxico individual de cronometraxe que se debe custodiar e devolver ao rematar a proba, responsabilizandose cada atleta do seu en caso de pérdida.

Dorsais: entregaranse antes da carreira co Chiip de Cronometraxe, ás 9:30h nas gradas, débese chegar puntual e estar sentados permanentemente na zona de gradas sempre que non se compita, se quente antes da proba ou se vaia recibir un premio.    

Resultados: sairán na caseta de megafonía do campo segundo se teñan. ao ir con chip para correr sairán rápido.

Equipos: non se faran equipos para inscribirse, a carreira faraos ao ir chegando á meta. os seis primeiros de cada club conformarán o equipo A, os seis seguintes o B. Os cadetes faran equipo con mínimo 3 integrantes.

Premios: entregaranse trofeos aos tres primeiros equipos e aos tres primeiros clasificados individuais.   

Clasificación galego: Os dous primeiros equipos de tódalas categorías e os 10 individuais que non figuren nun equipo clasificado. Os equipos estarán compostos por un mínimo de 4 e un máximo de 6 agás os cadetes que poden facer equipo cun mínimo de 3. 

MEDIDAS DESTACADAS DO PROTOCOLO ANTICOVID DA PROBA:

Traer asinada a Declaración responsable do programa Xogade, SEN ESTE DOCUMENTO NON SE PODE ter Dorsal.

Mascara en todo momento ata que o xuíz ou xuiza o determine na saída, cando se garanticen os 1,5m distancia nas quendas de saídas.

Atletas e acompañantes sentados en todo momento nas gradas agás para quentar na zona habilitada, para realizar a proba ou recibir premios.

Saídas en quendas de máx. 20 atletas cronometrado con CHIP que se entrega co dorsal e se debe custodiar e devolver ao rematar a proba.

Ao rematar a proba poñeranse a máscara outra vez xa sexa a personal ou a que facilite a organización.

NORMATIVA CADETE

Antes da entrega de DORSAL deben presentar certificado vacinación COVID ou Certificado realización test negativo de antixenos ou PCR con resultados negativoscunha antelación máxima anterior de 72 h , No seu caso tamén serviría certificado médico desuperar a infección virus COvID nun periodo anterior comprendido entre os 11 e 180 días.

Cadetes realizaran unha única saída todos xuntos e respectarán as normas anteriores válidas para as anteriores categorías.

En caso de dúbida prevalecerá o PROTOCOLO FISICOCOVID da Federación Galega de Atletismo.   

CIRCUITO por categorías:

 CIRCUÍTO CATEGORÍAS VOLTAS HORARIOS E DISTANCIAS DE PROBAS
Circuito Provincial 21-22 Madalena Vilalba Campo Través

Clica abaixo á dereita en adxuntos para ver os documentos descargables: Declaración responsable, normativa completa e circuíto.

 

CAMPIONATO GALEGO CAMPO A TRAVÉS EN LOURENZÁ 20/02/22

 

CAMPIONATO GALEGO CAMPO A TRAVÉS XOGADE 22 LOURENZÁ INSUA BERMÚDEZ PROXECTA PVADCAMPIONATO GALEGO CAMPO A TRAVÉS XOGADE 22 LOURENZÁ INSUA BERMÚDEZ PROXECTA PVAD 20_02_22

 

 

Clica para ver a Galería de Imaxes do Campionato Galego de Campo a través

 

 

Conmemoración do Día da Paz 2022 no CEIP Antonio Insua Bermúdez

CartazDiaDaPaz2022InsuaBermudezComunidadeEducativa

No CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba conmemoramos o Día Internacional da Paz e non Violencia con varias actividades artelladas coa coordinación de varias equipas: extraescolares, EDLG, Biblioteca, Novas Tecnoloxías...
- Aprendemos e cantamos a Canción do Sonoro Maxín "Quérote máis"
- Construímos e decoramos o deseño dun papaventos da Paz en coordinación cos centros da nosa contorna; CEIP Mato Vizoso e EEI Vilalba.
- Seleccionamos libros coa temática da conmemoración dende a Biblioteca.
- Nas titorías traballamos diferentes actividades relacionadas coa conmemoración.
- Creamos unha pluma que decoramos individual e artisticamente para construír as ás da liberdade, as ás que nos permitirán voar a novas realidades, a novas diversidades, que nos deixará explorar diferentes realidades sociais, diferentes culturas, diferentes ideoloxías para sermos máis completos, comprensivos e mellores persoas.
- Organizamos unha megasesión fotográfica para coas fotografías coas ás construír peciñas para crear un mosaico baseado na Imaxe do Cartaz do Día da Paz 21-22.
Se premedes abaixo no enlace da Web Podedes acceder ao Cartaz da Conmemoración realizados coas imaxes de tódolos integrantes da comunidade do Insua Bermúdez ; alumnado, conserxería, cociña. limpeza e profesorado. A ver se sodes quen de atoparvos. Mosaico creado coa aplicación Photo-Mosaik-Edda.

 

 Descargar imaxe 19250 x 10718 pixels 54 megas

Descargar imaxe 27225 x 15180 100megas

NADAL

CONCURSO DE PORTAS NAVIDEÑAS

 

Este ano quixemos que o Nadal inundase o noso cole de ledicia e ilusión e para podelo conseguir toda a comunidade educativa puxo o seu graniño de area. Cada clase fixo, en colaboración coas familias, un adorno de Nadal para colgar nos corredores, como vimos que todos se animaban e querían facer máis cousiñas, decidimos facer un concurso de Portas Navideñas, onde cada aula decorou a súa porta. Todas quedaron chulísimas e foi moi difícil decidir aos gañadores.

Aquí tedes un vídeo para que as podades ver, esperamos que vos gusten tanto como a nos.

Distribuir contido