Xornada XOGADE, Coñece o teu Clube: Aproximación á Loita Olímpica con Lydia Pérez e Nerea Pampín.

Loita_Olímpica_Insua_Bermudez_Lydia_Parada_Nerea_Pampin

O mércores 14 de decembro no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba teremos a sorte de disfrutar dunha aproximación á Loita Olímpica da man de grande Iván e as campeonísimas Lydia Pérez e Nerea Pampín. Todalas clases do mércores contarán con mestres de altísimo nivel neste deporte tan asentado na nosa vila.  Agradecemos a Iván e ao Clube Loita Olímpica de Vilalba , así como a Lydia e Nerea que adiquen un anaco do seu valioso tempo a nos ensinaren o seu deporte favorito, a Loita Olímpica.