OBRA DE TEATRO MENCIÑEIROS

Xa comezou a xira de Teatro do alumnado de 5º de primaria por varios centros e locais da Terra Chá. Actuarán no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, no Certame Benjamín Paz do Insua Bermúdez, no CEIP Lagostelle de Guitiriz, en Mondoñedo no IES San Rosendo, participaran no Festival de Pardiñas co grande Alfonso Torrado...

Dirixidos pola polifacética María Guerrero representan Menciñeiros, unha adaptación da obra de Álvaro Cunqueiro;" Escola de Menciñeiros".

Está musicada con cancións dos grandes amigos da Quenlla: Mini e Mero. Este video, coas limitacións acústicas do local de gravación e dos materiais, mostra un ensaio previo antes da xira. Parabéns a tódolos participantes e a tódalas persoas colaboradoras.