Nas últimas semanas do mes de Maio e no mes de xuño realizamos en sucesivas quendas sendas viaxes ao singular Castro de Viladonga. Un dos Castros máis importantes da rexión e de Galicia. Ao longo do ano, enmarcado nunha liña global e transversal consensuada en claustro e coordinadas polos equipos de Biblioteca de Normalización e de Extraescolares desenvolvemos numerosas actividades para achegarnos á Cultura Castrexa. esta excursión culmina un ano de traballo e de actividades. Prema no enlace para acceder á galería de imaxes
|
|||||||||||