MINI E MERO

ACTUACIÓN DE MINI E MERO NO NOSO COLEXIO

O pasado venres, día 5 de abril, foi un día moi especial para todos nós. Despois do recreo, os nosos profesores programaron un concerto musical de MINI e MERO, dentro do proxecto educativo dos ANDRADE, incluído nas actividades da Biblioteca do Centro para o presente curso escolar. Nos días previos ao concerto, en cada clase estivemos coñecendo un pouco maís a Mini e Mero. Decubrimos que os seus verdadeiros nomes son Xosé Luis Rivas Cruz -MINI- e Baldomero Iglesias Dobarrio -Mero-. Tamén soubemos que ambos son chairegos: Mini, naceu en Pacios-Baamonde, e Mero é viciño noso, de Vilalba. Os dous son músicos, poetas, mestres e investigadores da cultura e do folklore galegos. Coñecemos que ambos foron hai xa anos dous dos principais compoñentes do grupo FUXAN OS VENTOS na súa época de esplendor. Máis tarde, formaron o grupo A QUENLLA, grupo no que están na actualidade. No mes de abril de 2009 foilles concedido o Pedrón de Ouro como recoñecemento á súa traxectoria de corenta anos de investigación musical. En setembro de 2011 concedéuselles o X Premio Ramón Piñeiro-Facer País, organizado pola agrupación cultural Val de Láncara.

A medida que se ía acercando o momento da súa actuación, os nervos ían tamén en aumento pero ao mesmo tempo estabamos moi ilusionados en poder escoitar a súa música. E podémosvos dicir que foi unha actuación marabillosa, emocionante e participativa. Oímos dende cancións medievais ata outras máis populares, nas que non nos foi nada difícil poder acompañalos nos seus estribillos. Todos participamos de xeito espontáneo e abofé que non nos saía mal de todo. O peor foi que o tempo pasóusenos moi rápido e ás 14:30, hora da comida, tiveron que rematar a actuación a pesares dos nosas peticións de "outra, outra, outra".

En fin, que o pasamos moi ben con Mini e Mero e coa súa música. Agardamos poder volver a velos no noso Colexio o máis pronto posible. Graciñas por facernos pasar unhas horas tan agradables e máxicas. 

PARA VER A REPORTAXE FOTAGRÁFICA DA ACTUACIÓN DE MINI E MERO, PREME AQUI ou nas imaxes de abaixo: a primeira, O CONCERTO DE MINI E MERO CO ALUMANDO DE INFANTIL, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA;  a segunda, O CONCERTO COS DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.
MINI E MERO COS MÁIS PEQUES 
ÁLBUM DE FOTOS Nº 1: CONCERTO DE MINI E MERO COS MÁIS PEQUES (preme na imaxe)

MINI  E MERO COS DE 4º, 5º E 6º

ÁLBUM DE FOTOS Nº 2: CONCERTO DE MINI E MERO COS MÁIS GRANDES (preme na imaxe)