DÍA DA ÁRBORE 2013

O pasado venres, 22 de marzo, celebramos no noso Colexio o Día da Árbore, plantando varios arbustos e unha bidueira. Alumnos de 5º e 6º de Primaria participamos nas tarefas de plantación que levamos a cabo con moito gusto: Primeiro cavamos na terra para facer os ocos onde irían as plantas, que deben ser dúas veces máis ancho que o cepellón, ou o groso das raíces. A continuación removemos un pouco a terra. Logo sacamos as plantas e máis a bidueira dos testos e introducímolas no furado feito, de xeito que quedasen ao nivel do chan. A continuación, enchimos os ocos con terra e reafirmamos o terreo pisando ben ao redor. Para finalizar a operación, démoslle un bo regado á zona. A partir de agora, teremos que prestarlle a atención necesaria para que medren e vivan o maior tempo posible.

Para ver o álbum de fotos completo, prema AQUÍ