CONCERTOS DIDÁCTICOS DO CONSERVATORIO

O martes, 20 de setembro, o Grupo de Corda do Conservatorio de Vilalba levou a cabo unha visita ao noso Colexio para ofrecer ao alumnado do 2º e 3º Ciclos de Prima-ria uns pequenos concertos didácticos. O alumnado dividiuse en dous grupos: os de  3ºe 4º de Primaria, por un lado, e os de 5º e 6º, por outro. Todos pasaron un rato moi agradable e ameno coas pezas interpretadas polo Grupo de Corda. O concerto estivo fantástico e os nenos e nenas saíron satisfeitos das sintonías que ían escoitando e adiviñando: Mary Popins, O Libro da Selva, O Último Mohicano, A Sireniña. Seguro que moitos deles seguirán os seus pasos no Conservatorio.