Xantar de xubilación de Tino e Inés

Xubilación Inés L. e Tino do CEIP A.Insua Bermúdez Vilalba Lugo


Clica na imaxe para acceder ao álbum de fotos da xubilación


Tino e Inés, dúas persoas que foron exemplo a seguir no seu traballo docente, fonte inagotable de inspiración, de transmisión de afecto, sensibilidade, bo humor, e sobre todo, de amistade. Dúas persoas, dous grandes profesionais, dous MESTRES, con maiúsculas, que deixan o Colexio por xubilación, pero que nunca se irán realmente del. Seguirán exercendo a súa mestría en cada sitio que frecuenten, porque, por moito que se xubilen, nunca deixarán de ser o que sempre foron: mestres. E, por suposto, seguirán sendo para sempre  MESTRES DO COLEXIO INSUA BERMÚDEZ.
Tino, Inés: grandes mestres, grandes persoas, grandes amigos. Desexámosvos o mellor. Sede felices, coidade dos vosos netiños e non esquezades nunca que aquí tedes a vosa casa.



AdxuntoTamaño
xubilacion tino ines.jpg57.83 KB