Inicio de Sesión

Xogos fin de curso

Como remate aos actos programados para o día de fin de curso, 21 de xuño, todo o alumnado do centro realizou varios xogos, de xeito rotativo. Cada 5 minutos rotaban dun xogo a outro pasando deste xeito por todos os xogos programados.

O alumnado de  primaria participou nos seguintes xogos: Roubar a cola, as botellas, o pano, o brilé, o xogo das cadeiras con aros e corre corre que te pillo. Ademais os de primeiro en substitución do brilé realizaron un circuíto con zancos.

O alumnado de infantil realizou os seguintes: o paracaídas, buscando casa e carreira de sacos.

 

FOTOS