Inicio de Sesión

Charla David Arcay

Dentro do noso Proxecto "Frederick nas Fragas do Eume", contamos coa colaboración do tricampeón mundial de pesca sen morte, David Arcay.

David explicou ao noso alumnado de 4, 5 e 6 de primaria, como a pesca sen morte pode ser unha gran ferramenta para protexer os nosos espazos narturais.

Ao rematar a charla, o alumnado participou en un xogo onde se simulaba pesca con morte e sen morte, para que os nenos tomasen conciencia das vantaxes da pesca sen morte.

Tedes imaxes da xornada na galería de fotos: FOTOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.