Inicio de Sesión

25 N - Día contra a violencia de xénero

O mércores 25 celebramos no colexio o Día contra a Violencia de Xénero.
Enlazando coa temática do noso PDI (A cultura popular do lugar onde vivimos) o alumnado de 5º e 6º curso de primaria fixeron a representación teatral da adaptación dunha lenda da nosa zona: "A Lenda de Roxín Roxal". A súa protagonista Tareixa foi obrigada a casar, pero é que hoxe en día, ao igual que Tareixa, todavía hai moitas mulleres e incluso nenas que son obrigadas a casar. Isto levounos a reflexionar e investigar sobre a situación das mulleres nalgúns países do mundo e tamén en España.

Rematamos a xornada coa canción "Galopín".

Tedes máis información no Blogue da nosa biblioteca, no seguinte enlace: RAIOTECA

Tedes as fotos e os vídeos nos enlaces correspondentes: FOTOS     VÍDEOS

Coma sempre rematamos cunha pequena presentación da xornada.