Inicio de Sesión

Xornada de convivencia. Xogos populares

O pasado venres 19 de xuño, celebramos no centro unha xornada de convivencia, organizada polo equipo de convivencia do centro, entre toda a comunidade educativa do centro. Coma en anos anteriores o alumnado, por grupos, participou no desenrolo dos seguintes xogos: brilé, o peón, as cinco esquinas, a pita cega, as chapas, tres en raia, o paracaídas e tiro da corda.

Rematamos a sesión de xogos con dous xogos de exhibición: As garrafas e carriera da culler.

Ao finalizar os xogos toda a comunidade educativa, alumnos, mestres e familias, participamos nunha merenda, aportada polas familias.

Grazas ao profesorado e as familias que colaboraron con nós na realización dos xogos.

Como sempre tedes as fotos e os vídeos dispoñibles nas súas respectivas galerías: FOTOS     VÍDEOS

FELICES VACACIÓNS.