Inicio de Sesión

Fin de curso. Graduacións 2015

O pasado mércores, 17 de xuño, celebramos no centro as graduacións de 6º de Infantil e 6º de Primaria.

En primeiro lugar celebramos u certamen musical a cargo dos profesores da "Escola de música Xarío", Isabel e Fernando. Varios alumnos do centro interpretaron diferentes pezas musicais.

A continuación tivo lugar a entrega de dipolomas aos nosos graduados, a cargo das súas respectivas titoras.

Rematamos, levando ao noso alumnado, a unha viaxe marabillosa polo mundo, a través da música. Os diferentes cursos, interpretaron, baixo a dirección de Isabel Galán e a colaboración de Isabel e Fernando, diferentes "cancións do mundo". O alumnado de infantil levounos a Brasil coa canción "A cobra nao tem pé". Os de primeiro e segundo leváronnos ata Nueva Zelanda coa canción "Epo i Taï Taï é". O alumnado de 3º e 4º viaxaron ata Italia coa canción "Il canto del cucú". Cos de 5º e 6º, viaxamos ata Suráfrica e cantáronnos a canción "Siyahamba". Rematamos todos xuntos nun viaxe a Haití e cantamos "Angélique oh!".

 

Como sempre tedes as fotos e os vídeos na galería: FOTOS;   VÍDEOS

A continuación tedes unha pequena presentación da xornada e rematamos coa presentación de 6º de infantil e 6º de primaria onde relatamos en imaxes o paso deste alumnado polo noso centro.

FELICES VACACIÓNS  e vémonos o día 11 de setembro.

 

GRADUACIÓNS 6º DE PRIMARIA