Cada primavera, como xa é costume, organizamos a actividade de Madriñas e Padriños lectores: O alumnado de 4º, 5º e 6º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º curso de Primaria.
Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus afillad@s.
Ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos.
Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio.
Tedes todas as fotos e os vídeos da actividade nos seguintes enlaces: FOTOS, VÍDEOS