Animación á lectura

23 de abril

DÍA DO LIBRO 2024

 

 

Un ano máis conmemoramos o Día Mundial do Libro e os dereitos de autor coa realización de diversas actividades relacionadas cos libros e a lectura: Realización de chapas, apadriñamento lector, contacontos na biblioteca, obradoiros de marcapáxinas...

Dende a biblioteca do cole, o noso amigo Merlín convída a todos e todas a escoller un libro e disfrutalo con todos os sentidos: mirar os debuxos (se os ten), tocalo, arrecendelo, saborear as historias que conta e escoitar o son das páxinas ao pasar.

Animádevos a ilustrar, a contar, a ler... 

                 

 

 

 

Visita de Maite Mosconi

 

Super agradecidos estamos no cole pola visita que tivemos o venres 10 de novembro. 

Maite Mosconi estivo con todo o alumnado e contounos unha chea de lendas que aprendeu da súa avoa e que forman parte da súa obra. 

Esta escritora rianxeira (de Asados) ten publicados varios libros de temática fantástica e onde a mitoloxía en xeral e a galega en particular ten moita importancia.

O libro "Guerreiras de lenda" escrito xunto a Miriam Beizana, convida a investigar, descubrir e disfrutar co mundo das lendas e da mitoloxía. Lavandeiras, mouras, castelos encantados...

Moitas grazas Maite!!

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

21 DE MARZO

       

     

       

    

 

Cada 21 de Marzo celébrase o Día Mundial da Poesía co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética. A UNESCO adoptou por primeira ver este día no ano 1999 en París, na 30ª Conferencia Xeral. O tema deste ano 2023 é "Sé sempre un poeta, incluso en prosa" (verso do poeta francés Charles Baudelaire).

Neste curso no que Escribimos a Biblioteca Escolar, quixemos animar a todo o alumnado e profesorado a crear. E que mellor que facelo conmemorando o Día da Poesía. Un día para ler, escoitar, recitar, cantar e sobre todo escribir e crear.

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022

BiblioTEcuida

            

     

       Como en anos anteriores, este 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas  "Aptas para todos os públicos" que nesta ocasión terá o lema "BiblioTEcuida" destinado a destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, abertos e preocupados polas necesidades dos usuarios.

       As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía como un espazo para a lectura, unha lectura que cura tanto as capacidades cognitivas como o benestar e a saúde mental.

         As bibliotecas son un apoio no coidado de todas as persoas e fixeron súa a idea da Axenda 2030 de non deixar a ninguén atrás. Así tamén exercen a súa labor de coidados en espazos coma hospitais ou centros penitenciarios.

                                                                                                

                      Xulia Vicente, galega, ilustradora e autora de cómics, foi quen se encargou do deseño do cartaz conmemorativo.

       Para axudar a difundir esta mensaxe, podedes utilizar nas vosas redes sociais as seguintes etiquetas:

#DíaDasBibliotecas

#DíaDasBibliotecas2022

#BiblioTEcuida

 

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2022

O Día Mundial da Poesía foi declarado pola UNESCO en 1999 co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo.

Este ano, a Real Academia Galega, homenaxea a Bernardino Graña nas vésperas do Día da Poesía.

E a AELG, baixo o lema "Autoras pola paz e contra a violencia", convoca a toda a sociedade galega a celebrar este día a través de calquera forma de creación e divulgación literaria ou artística en galego

Nós tamén o conmemoraremos cun recital que nos ofrecerán os alumnos e alumnas de 6º curso así como a realización conxunta dun poema.

          "Guerra é unha palabra cruel, e as palabras crueis nunca se deixan escribir con faltas de ortografía... (...) Cada palabra ten unha familia que a acolle, sexa como sexa.

A familia da palabra guerra é absurda"

                                                      Paula Carballeira

                                                      Pan con chocolate. A merenda de Gianni. (Xerais, 2021)