Estimadas nais, pais, titores legais, familias,
O vindeiro luns 25 o alumnado de 4º de educación infantil iniciará a xornada lectiva en horario completo, porén e para evitar aglomeracións e atascos innecesarios facémosvos unha serie de recomendacións:
· O alumnado que ten concedido o servizo de transporte escolar deben estar puntuais na parada asignada, onde serán recollidos polas acompañantes de transporte para axudalos a subir ao autobús. Os pais, nais, titores, familiares, etc., non poden acceder ao interior do autobús.
· O alumnado usuario do servizo Bos Días, será entregado no centro polas monitoras do servizo.
· Ao alumnado que vén coa súa familia e/ou responsables directamente ao centro, prégaselle puntualidade. A puntualidade é un valor formativo que hai que traballar día a día.
· O alumnado pode acceder directamente á zona de espera (porche) pero as familias esperarán no inicio da rampla ata que soe o timbre de entrada.
· Os familiares e/ou responsables do alumnado non poderán acceder ao aulario de Educación Infantil salvo por autorización expresa dun mestre ou mestra.
· A saída será uns minutos antes de que soe o timbre, e na zona asignada a cada grupo na zona do porche.
· En caso de que teñan que a recoller os vosos fillos antes do remate das clases, terán que avisar ao titor/a e asinar no libro de rexistro de saídas durante o horario lectivo.
· O portalón de entrada debe estar despexado para que o alumnado poida acceder ao centro sen dificultade, este abrirase no momento no que chegue o primeiro autobús (8:50h.) para permitir o acceso do alumnado. Antes desa hora non se pode acceder ao centro.
· Por último lembren que tanto no paso de peóns coma na dársena está prohibido estacionar, é necesario que permanezan libres estas zonas para que circulen con fluidez os autobuses e tamén para minimizar o risco de posibles accidentes. No paso de peóns atendan ás indicacións da patrulla escolar.
GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN
Setembro 2017
A Dirección