CELEBRACIÓN DO ENTROIDO E CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

Estimadas nais, pais, familias:

Xa estamos de cheo na semana do Entroido e continuaremos na aliña iniciada o curso pasado;  o Entroido celébrase no centro con actividades “por e para” o noso alumnado. Somos moi conscientes de que aos nenos e nenas gústalles disfrazarse, transformarse noutro ou noutra cun simple pano, ou cunhas gafas, ou cun sombreiro, con perrucas, maquillaxes ou con adobíos varios e queremos que cada quen se disfrace nestes días como queiran. As actividades que temos organizadas para o noso alumnado nesta semana son as seguintes:

·        

Dende o 20 ao 24:

o  

 Mandadiños do Meco (Ed. Infantil): O alumnado que o desexe  terá que atender aos mandados do Meco para cada un dos días de luns a xoves.

 

o  

Photocall de cada aula: É unha actividade para divertirse e ao mesmo tempo para educar e traballar valores como a socialización, o respecto polos compañeiros e a orde, porque deben pensar nos que veñen a continuación e deixar os materiais tal como os atoparon; isto é moi importante para que a actividade resulte agradable para todos e todas.  No escenario da biblioteca haberá un decorado con materiais do Centro para disfrazarse. Só poden utilizarse os disfraces e accesorios do Centro; non poden, polo tanto, traelos da casa para esta actividade. Estará colocada a cámara fotográfica para a posterior exposición de fotos.

 

·        

Venres 24:

o  

Baile de disfraces para alumnado e profesorado: Os disfraces son de temática libre, creativos, respectuosos, que lles fagan sentirse ben e cómodos e consoantes co consumo responsable.

Por outra parte, nesta semana tamén estamos realizando  diversas actividades para conmemorar o “Día de Rosalía”, entre elas a actividade colectiva de plantado de un cerramento  vexetal con camelias da variedade “Rosalía de Castro” na parte traseira do edificio de primaria como homenaxe “vivo” á escritora; tamén a gravación de un vídeo con recitado de poesías por parte do alumnado de primaria que será proxectado publicamente no acto organizado polo Concello de Ames o vindeiro xoves 23 de febrero na Casa de Cultura de Bertamiráns ás 19:00h. Si non podedes asistir ao acto podedes visionar o vídeo na páxina web do centro no seguinte enderezo : “Recitando a Rosalía de Castro” http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/511

 

Por último, lembrarvos que os días 27 e 28 de febrero e o día 1 de marzo non serán lectivos. As clases reanudaranse o día 2 de marzo.

Bertamiráns, 20 de febreiro de 2017

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca

 

 DIRECTORA