Skip to Content

VACANTES 2022-2023

24/02/2022 13:36

Seguindo co calendario do proceso de admisión de alumnado para o curso 2022-2023, comunicamos as vacantes do noso centro a dia 24-II-2022.

Un saúdo.

MÁSCARAS NO PATIO

10/02/2022 09:00
Prezadas familias:

Como ben sabedes o Goberno de España ven de aprobar a eliminación do uso da máscara en espazos exteriores( agás eventos masivos e aglomeracións) e que esta medida será efectiva no día de hoxe, xoves 10 de febreiro. Ata o momento a Consellería de Educación, e a nivel de centros educativos, non aprobou esta norma para os patios escolares. Somos coñecedores de que están a estudar a regulamentación desta casuística dos patios escolares ( tempo de recreo, tempo de descanso de comedores escolares) polo que a decisión tomada polas autoridades competentes (Consellerías de Sanidade e Educación) será trasladada ás familias en canto nos sexa comunicada. Estamos nunha nova fase de desescalada e desexando todos unha volta completa á normalidade pero debemos ser prudentes e pacientes para completar con éxito a xestión final desta pandemia. Seguiremos mantendo o protocolo COVID aprobado (uso da máscara, distancia social e hixiene) ata as novas normas das autoridades competentes.Grazas pola vosa colaboración e quedamos á vosa disposición para clarexar calquera dúbida,
Un cordial saúdo do Equipo COVID.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2022-2023

04/02/2022 12:57

Bo día,

a partires dos enlaces que atoparedes aquí abaixo, poderedes acceder ás reunións telemáticas para as xornadas de portas abertas de cara ao proceso de admisión no curso escolar 2022-2023.

O contrasinal para ditas reunións é altamar22-23

Pregamos chamen con antelación ao 986 213713 para confirmar a súa asistencia e non ser demasiados/as en cada unha das reunións e para poder contactar convosco en caso de non conectarvos.

Un saúdo.

 

MARTES 15 DE FEBREIRO ÁS 16:00 H

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m12ceaafe765a75510245d740d279501a

MARTES 15 DE FEBREIRO ÁS 17:00 H

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=mf2deedf1d65b04e49344aeb8ef5d9675

MÉRCORES 16 DE FEBREIRO ÁS 11:30 H

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m470cc320634ba96d4ddd58d846ef46a3

VENRES 18 DE FEBREIRO ÁS 13:15 H

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m899a2c5ab1636a3d34d9a33167e4152a

 

 

INICIATIVA ARCO 2021-2022

01/02/2022 13:18

Información sobre a Iniciativa ARCO que se desenvolveu no noso centro durante a 1ª avaliación.

MENÚ COMEDOR FEBREIRO 2022

28/01/2022 09:09

Adxuntamos menú correspondente ao mes de febreiro de 2022.

 

Un saúdo.

CIRCULAR NADAL

21/12/2021 10:51

A TODAS AS FAMILIAS DO NOSO CENTRO

Resultados das Avaliacións

Hoxe, día 21 de decembro, martes, reciben os resultados correspondentes a primeira avaliación do curso 2021-2022.

O boletín de cualificacións imprímese directamente a través do programa XADE da Consellería de Educación e só o resgardo onde figura a sinatura da nai, pai ou titor/a deberá ser devolto á profesor/a titora.

 

Remate do trimestre

O mércores día 22 de decembro iniciarase o período de vacacións de Nadal. A actividade lectiva reiniciarase o luns 10 de xaneiro de 2022. Debido á pandemia de COVID 19 que estamos a padecer, prégolles estean atent@s á paxina web do centro e a aplicación Abalar, por se houbese algunha modificación de calendario.

 

O Claustro do CEIP Altamar e o Equipo Directivo, en especial, quere seguir recoñecendo e agradecendo a toda a comunidade educativa a comprensión, sensatez e responsabilidade con que están a actuar neste curso e facerlle chegar os nosos mellores desexos para as festas que se aveciñan. Que o 2022 veña cheo de saúde, alegría, esperanza e boas novas para tod@s.

Prudencia e sentidiño.

 

O Equipo Directivo

COMEDOR XANEIRO 2022

16/12/2021 09:38

Bo día,

Adxúntase o menú correspondente ao mes de xaneiro de 2022.

 

Un saúdo.

Concurso de debuxo - XI Semana da Ciencia

Acto de entrega de diplomas e premios aos participantes do concurso de debuxo enmarcado na XI Semana da Ciencia: ¿pueden enfermar las plantas?.

Os nosos parabéns ás finalistas representantes do Ceip Altamar!

 

Galería de fotos

 

 

MENÚ COMEDOR DECEMBRO 2021

25/11/2021 09:33

Adxúntase o menú correspondente ao mes de decembro de 2021.

Un saúdo.

Celebración do Magosto 2021

22/11/2021 16:37

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da celebración do pasado venres. Grazas pola colaboración de todos e todas.

 

Galería de imaxes

Distribuir contido


by Dr. Radut