Skip to Content

COMEDOR

06/09/2023 10:39

Bo día, familias:

Acabamos de rematar as xestións coa nova empresa de catering do comedor.

Finalmente, poderemos comezar o comedor o vindeiro 11 de setembro de 2023, exceptuando 4º de Educación Infantil, que comezarán unha vez rematen o período de adaptación.

INICIO DE COMEDOR DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL A 6º DE PRIMARIA: 

11 DE SETEMBRO DE 2023

INICIO DE COMEDOR DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL:

18 DE SETEMBRO DE 2023

Este curso 23-24, para facilitar a vixiancia no patio de comedor, as recollidas serán por quendas, de modo que as monitoras queden dispoñibles para supervisar o xogo dos nenxs.

A recollida quedará da seguinte forma:

AS 15:30 horas: recolllida do alumnado de Educación Infantil e irmáns dos mesmos.

A partir das 15:40 e ata ás 16:00 horas: recollida do alumnado de Educación Primaria.

Agradecemos a paciencia e comprensión ao longo destes días. Sabemos que a conciliación da vida familiar e laboral resulta moi complicada e por iso sentimos tervos en vilo con estas xetións.

Moitas grazas e un saúdo. 

A dirección.

 

CARTEL REUNIÓN ANPA-PRIMARIA

05/09/2023 09:23

Bo día: 

Adxuntamos o cartel correspondente á reunión da ANPA para PRIMARIA.

Un saúdo

INFORMACIÓN ANPA-ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

05/09/2023 09:10

Bo día: 

Adxuntamos información referente ás actividades extraescolares, que como sabedes, as organiza a ANPA. 

Este curso, como novidade, anticipamos o prazo de inscripción. Podedes descargar no arquivo adxunto a folla de incripción, e entregala no buzón da anpa, persoalmente a directiva ou ben no seguinte correo electrónico:

anpaltamar@gmail.com

Recordamos que é imprescindible facerse socio da anpa para realizar calqueira actividade. O prazo de inscripción para facerse socios, comezará o 11/09.

 

Achegaremos nos primeiros día de curso, o documento co novo número de conta. 

Ao inicio de curso tamén pasaremos información da actividade de PISCINA.

Moitas grazas e un saúdo

REUNIÓN EDUCACIÓN PRIMARIA

04/09/2023 13:15

Bo día: 

Comunicamos que o vindeiro 7 de setembro de 2023, terá lugar unha reunión de Educación Primaria. Terá lugar no patio do colexio ás 11:00h da mañá.

Moitas grazas e un saúdo.

A dirección

HORARIO DE SECRETARÍA CURSO 23/24

04/09/2023 12:33

Bo día:

A continuación detallamos o horario de SECRETARÍA durante este CURSO 23/24

 

 DE 9:10 h A 9:45 h

 

 

DE 13:15 h A 13:55 h

 

 

DATA INICIO COMEDOR ESCOLAR CURSO 23-24

04/09/2023 10:20

Bo día:

Recordamos que o a data de comezo de comedor escolar este curso 2023-24 será:

-LUNS, 18 DE SETEMBRO DE 2023

Moitas grazas e un saúdo

REUNIÓN ANPA (SO FAMILIAS DE ED. INFANTIL)

04/09/2023 10:07

Bo día, familias:

Informamos que o vindeiro 6 de setembro as 10:45 h, terá lugar a reunión da ANPA do CEIP Altamar. Esta reunión, SO será para as FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL. 

Das reunións de ED. Primaria, vos informaremos ao longo desta semana. 

Moitas grazas e un saúdo

ADXUNTAMOS CARTEL INFORMATIVO DA ANPA

SERVICIO GARDERÍA

30/08/2023 10:16

Queridas familias:

Antes de nada, queremos desexarvos a todas e todos un bo inicio de curso. 

Por outra banda, vos informamos que para a reunión de Educación Infantil do vindeiro 6 de setembro, haberá servizo de gardería. Este servizo ten un custe de 2 euros/hora para cada nena/o. 

Se queredes facer uso do mesmo, podedes contratalo no seguinte contacto:

635-650-092 (NORGOF)

Moitas grazas e un saudo

PROTOCOLO ABSENTISMO E NOVOS MODELOS DE XUSTIFICACIÓN DE FALTAS

05/07/2023 10:10

Bo día:

Adxuntamos o protocolo de absentismo e os modelos de xustificación de faltas de asisrtencia (MODELO 1) e faltas de puntualidade (MODELO 2).

Moitas grazas e un saúdo.

A Dirección.

DOCUMENTOS SOLICITUD COMEDOR ESCOLAR 23-24

05/07/2023 09:56

Bo día:

Adxuntamos os documentos necesarios para solicitar comedor escolar no curso 23-24.

En Setembro vos daremos os datos para cubrir para a empresa de catering correspondente.

Moitas grazas e un saúdo.

A Dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut