Skip to Content

Recomendámosche

RECOMENDACIÓNS DENDE A BIBLIOTECA DO CENTRO - DÍA DA PAZ

Con motivo da celebración do Día da Paz, o equipo de biblioteca do CEIP ALTAMAR, queremos dar visibilidade a figura de Martin Luther King, tan ligada a equiparación de dereitos e a loita racial.

En 1964, foi Premio Nobel da Paz, e ben merece que trasmitamos a súa traxectoria aos máis pequen@s, tanto dende a familia coma dende a escola.

Deste modo, vos deixamos unha serie de recomendacións lectoras, que poden servir como punto de partida para traballar sobre a PAZ. Vos invitamos a que fagades visitas a diferentes bibliotecas para poder acceder a estas lecturas. Seguro que son de gran axuda!

ED. INFANTIL:

“Somos amables”. Colección Soy Mayor. Alice Le Hénand.

Un conto sobre a importancia de ser amables cos demais, ter paciencia, etc.

ED. PRIMARIA:

1ºCiclo:

“Mari Paz, sus amigos y una fábrica de higos”. Colección Ala Delta Roja. Antonio Vicente.

Unha historia que trasmite que o cambio empeza en nós mesmos.

2ºCiclo:

“La guerra de la escuela”. Colección Ala Delta. Ricardo Chávez Castañeda.

 Unha crítica á violencia verbal e emocional que as veces se vive na escola. Son conflitos resoltos por un par de nenos que seguen as pautas de Gandhi.

3ºCiclo:

“Diente de León”. Coleción Ala Delta Verde. Mónica Rodrigo.

Un libro que amosa cómo redimirse grazas a amizade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut