Skip to Content

RECORDATORIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

28/11/2022 13:59

Recordade que mañá martes 29 de novembro de 2022 terán lugar as votacións para as eleccións dos representantes das familias no Consello Escolar do Centro. No Consello Escolar tanto pais/nais, mestres e persoal non docente teñen voz e voto na xestión dos colexios: aprobación de orzamentos, selección e cese da dirección e a maioría das decisións importantes que afectan á educación dos vosos fillos e fillas vanse decidir neste órgano de goberno. Dada a importancia que teñen estas eleccións pedímosvos á vosa máxima implicación e que pasedes polo centro onde estará a mesa electoral no seguinte horario:

de 9:05 a 9:50 de 13:45 a 16:00

 

As candidatas son:

• Dª Cristina Mejuto Adán

• Dª Mónica Maneiro Louzán

• Dª Ruth Lamas Ferreiro 

PRESENTACIÓN CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR

09/11/2022 13:46

Estimadas familias

Desde o día de hoxe e, ata o 16 ás 14:00 h está aberto o prazo para presentar candidatura ao Consello Escolar do centro. Poden solicitar o seu modelo de candidatura, para inscribirse, na secretaría do colexio ou imprimilo directamente da nosa páxina web.

 

Un cordial saúdo,

A Dirección

COMEDOR NOVEMBRO

02/11/2022 09:45

Adxunto menú comedor novembro de 2022.

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2022

24/10/2022 13:37

Neste mes de outubro iniciamos o proceso de renovación do Consello Escolar correspondente ao ano 2022. Durante o mes de novembro os documentos iranse adxuntando neste apartado ata o mes de decembro, no que o novo Consello Escolar será constituído.

Un saúdo.

MENÚ COMEDOR OUTUBRO

03/10/2022 09:23

Adxunto menú comedor correspondente ao mes de outubro de 2022.

 

Un saúdo.

REUNIÓNS DE NIVEL

A TÓDOLOS PAIS E NAIS DO ALUMNADO DO COLEXIO

Pola presente convocámolos ás Reunións de Nivel que se celebrarán neste Centro nos días e horas seguintes:

INFANTIL:

  • Infantil: xa celebrada o luns 5 de setembro ás 11:00 h

PRIMARIA:

  • 1º de primaria: xa celebrada o mércores 7 de setembro ás 11:00 h

  • 2º de primaria: martes 27 de setembro ás 16:15 h

  • 3º de primaria: martes 27 de setembro ás 17:30 h

  • 4º de primaria: martes 20 de setembro ás 17:30 h

  • 5º de primaria: martes 20 de setembro ás 16:15 h

  • 6º de primaria: martes 4 de outubro ás 16:15 h

Recordándolles a importancia que para a educación dos seus fillos/as ten a asistencia dos pais/nais a ditas reunións.

Pedímoslles que durante a reunión manteñan apagados os seus dispositivos móbiles (teléfonos, tablets, …)

A estas reunións non pode asistir o alumnado. Haberá servizo de gardería. Contactar con Eva cunha antelación de dous días : 635 650 092.

QUENDAS COMEDOR

09/09/2022 09:31

As persoas que presentaron a solicitude para o comedor EN PRAZO foron todas admitidas. Neste momento non quedan prazas xa vacantes para o comedor escolar.

Haberá dúas quendas de comida:

1ª QUENDA: 13:45-14:30

Está integrada polo alumnado de Educación Infantil e os seus irmáns.

2ª QUENDA: 14:45-15:15

Integrada polo resto dos comensais.

 

O alumnado poderá ser recollido ao remate da súa quenda e como máximo ás 16:00

De tódolos xeitos, os usuarios de comedor de Educación Primaria levarán hoxe unha nota onde indique en que quenda están.

Un saúdo.

 

 

HORARIO DE ENTRADA CURSO 22-23

05/09/2022 11:14

O vindeiro día 8 comenzarán as clases, durante este curso o horario de entrada será:

  • Educación Primaria de 9:00 a 9:05
  • Educación Infantil de 9:10 a 9:15

e o horario de saída:

  • Educación Infantil ás 13:50
  • Educación Primaria ás 14:00

Todo o alumnado entrará e sairá pola porta principal.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO 2022-2023

Xustificación faltas

16/09/2020 09:10

Bo día,

nos adxuntos están os partes para xustificar as faltas do alumnado.

CEIP Altamar.

Distribuir contido


by Dr. Radut