Pinchade aquí e veredes o que traballamos!!!
O conxunto de maestr@s que formamos o Claustro de profesores estamos seriamente involucrados na educación dos vosos fill@s e facemos uso das novas pedagoxías para conseguir que o noso alumnado “aprenda a aprender” a través dunha aprendizaxe significativa e constructiva, dunha aprendizaxe colaborativa e fomentando a creatividade e a autonomía do noso alumnado.
No noso centro pretendemos formar presonas capaces de vivir e convivir nun clima de respecto, tolerancia, participación e liberdade. Para isto contamos cun Plan de Convivencia baseado na prevención e resolución pacífica dos conflictos e un equipo de alumnos mediadores que axudan con ilusión a consecución deste obxectivo.
Outra das nosas preocupacións é a conservación do medio ambiente e a importancia duns hábitos de vida saudables. Contamos cun horto escolar no que os nosos alumnos fan as súas plantacións e recolleitas. Participamos co noso horto no programa "Voz Natura" ( plantación de tomates, leitugas, etc...), no programa "Proa" para potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado, no "Plan Proxecta" có programa Aliméntate ben no cal durante algunhas semanas nos suministran froitas de tempada e leite para os nosos alumnos e no programa "Edixgal" para traballar cós nenos de 5º e 6º de primaria có libro dixital. Tamén na área de Educación Física participamos en numerosos programas e distintas actividades deportivas có noso alumnado ( Remo, Tenis na escola, Esgrima, Capoeira, Rugby, Fútbol Sala có Parrulo e nalgunhas actividades que se fan no noso entorno ).
Outra das nosas prioridades é o uso das Novas Tecnoloxías xa desde a educación infantil e contamos con internet e pizarra dixital en tódalas aulas como apoio educativo có obxectivo de mellorar significativamente tódalas competencias a través da competencia dixital.
Contamos tamén cunha biblioteca escolar incluida no "PLAMBE" da Xunta de Galicia onde os nosos alumnos poden realizar distintas actividades relacionadas coa lectura e que permanece aberta polas tardes para que poidan facer uso do préstamo de libros.
