Matricula CURSO 2019-20 (I)

A partires do 1 de marzo de 2019 comeza o proceso de admisión para novo alumnado no C.E.I.P. Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo.

Tedes toda a información no apartado   O CENTRO / SECRETARÍA / MATRÍCULA

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 

 

Para todas aquelas familias que desexen coñecer o noso centro e recibir información referente ao proceso de solicitude de admisión, organizamos unhas xornadas de portas abertas que terán lugar o mércores 27 de febreiro e o xoves 7 de marzo de 2019, ás 16 h.

 

MATRÍCULA CURSO 2019/2020

 

 OFERTA DE POSTOS ESCOLARES PARA O CURSO 2018/19

 

4º EI

(3 anos)

5ºEI

(4 anos)

6ºEI

(5 anos)

EP-1º

EP-2º

EP-3º

EP-4º

EP-5º

EP-6º

 

44 + 6 reservadas para neae

 

6

 

6

 

0 + 1 

reservada para neae

 

0

 

2

 

0

 

0

 

3


 

LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO

1. Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

2. ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o prodecemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

3. ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a ORDE do 12 de marzo de 2013.

 

 

SOLICITUDE DE PRAZA:

1 ao 20 de marzo de 2019

- Impreso de solicitude: ANEXO II - ED550B

  Podedes descargalo premendo no enlace anterior, recollelo na Secretaría do colexio (*) ou cubrilo a través da aplicación 

www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

- Fotocopia do D.N.I.  ou da folla do libro de familia, do/a neno/a. (Imprescindible traer tamén os orixinais)

- Copia do D.N.I. do solicitante e membros computables (no caso de denegar a consulta dos datos fiscais).

- Convenio regulador de separación xudicial ou divorcio (se é o caso).

(*) Horario de Secretaría:

    • Mañá: LUNS, MARTES E VENRES de 9:00  a 10:30 h
    • Tarde: (só os martes): de 16:00 a 17:30 h.

 

     

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

25 de marzo ao 5 de abril (ata as 14h)

En caso de que o número de prazas ofertadas sexa inferior ó de solicitudes: 

- Presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión.

Dende o centro porémonos en contacto con aquelas familias que deban aportala.

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS:

Antes do 25 de abril de 2019

- Publicación no taboleiro e na páxina web do centro das solicitudes admitidas e denegadas.

- Presentación de reclamacións no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da listaxe provisional.

- Resolución das reclamacións.

 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS:

Antes do 15  de maio de 2019

- Publicación no taboleiro e na páxina web do centro.

- Reclamación de listas definitivas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación das listas.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

20 -28 xuño de 2019

- Cubrir os seguintes impresos que se recollerán na Secretaría:

   * Modelo normalizado.

   * Ficha de datos de emerxencia.

   * Autorización do uso da imaxe do menor.

   * Ensino de Relixión / Valores Sociais e Cívicos.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria e da folla de vacinacións.

- 4 fotos tipo carnet (só para matriculados en infantil).

- Cuestionario para as familias sobre a lingua materna (só para 3 anos).

- Certificado de matrícula do centro actual (no caso de cambio de centro educativo).

Horario de Secretaría: 

  • a partires do 24 ao 28 de xuño, de 10h a 13h
  • o xoves 20 e venres 21, por ser días lectivos, o horario aínda está por concretar

Os impresos podedes imprimilos dende a sección desta web SECRETARÍA > DESCARGA DE DOCUMENTOS.

 

 

En votación realizada no Consello Escolar do C.E.I.P. Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo, e recollida en acta con data do 29 de xaneiro de 2019, decídese por unanimidade DECLINAR facer uso do criterio complementario para o proceso de matriculación do curso 2019-20.

 

 

 

- A solicitude de admisión, axustada ao modelo oficial ANEXO II , SERÁ ÚNICA e presentarase no centro que se solicita en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder.

- A solicitude deberá ser asinada pola proxenitora, proxenitor ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores asinarán a solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para a súa comprobación polo centro educativo.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

 ÁREA   DE   INFLUENCIA   DO  CENTRO

Zona educativa nº 10

 

Comprende a rúa Paulino Freire, seguida da rúa Tomás Paredes ata o cruce coa Avenida da Florida, e incluíndo as parroquias de Alcabre, Navia e Comesaña

 

Zonas limítrofes:  

·      Zona nº 9

·      Zona nº 11

·      Zona nº 13

 

 

Outros centros educativos da zona:

    • C.E.I.P. Javier Sensat (Alcabre)
    • C.E.I.P. Párroco Don Camilo (Comesaña)
    • Colexio Amor de Dios.

 

 

 Aquí pódense consultar as ZONAS EDUCATIVAS de Vigo. Ao noso Centro correspóndelle a zona de influencia nº 10

 

CENTRO DE SECUNDARIA Ó QUE ESTÁ ADSCRITO O NOSO CENTRO:

 I.E.S.  VALADARES

 

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO

 

 

 

AdxuntoTamaño
ED550B-G.pdf1.13 MB