Aquelas familias que teñan solicitado praza para 3 ANOS no colexio de NOVO MESOIRO, ao non haber prazas para todos os solicitantes, deben presentar a documentación acreditativa dos méritos que teñan alegado na súa solicitude SÓ en caso de non telos entregado xunto coa mesma.
O prazo para presentar dita documentación remata o día 26 de maio.
Se o voso fillo/a foi admitido no centro, debedes cumplimentar un formulario establecido pola XUNTA.
No cole proporcionámosvos unha copia impresa se o desexades pero se queredes traela xa cuberta de casa e así aforrar tempo, aquí tedes o documento para que podades descargalo e cubrilo cómodamente.