Skip to Content

Ed. infantil

Periodo de adaptación para o alumnado de 3 anos de Educación Infantil

Estimadas familias, a continuación informámosvos do horario para o período de adaptación do alumnado de 3 anos de Educación Infantil:

  • Os días 11, 12 e 13 os pais/nais ou titores legais  levarán os seus fillos á aula correspondente  ás 12:30 e recolleranos ás 13:40 na entrada do colexio.
  • Os días 14, 15, 18 e 19  os alumnos/as permanecerán no centro de 11:30 a 13:40. Deixaranse e recolleranse na entrada do colexio, cada un na súa fila.
  • Os días 20, 21 e 22 os alumnos/as permanecerán no centro de 10:30 a 13:40. Igualmente deixaranse e recolleranse na entrada do centro na fila correspondente. Estes días xa poderán traer unha pequena merenda.

 

Graduación de Educación Infantil

O mércores, 21 de xuño, os nenos e nenas de 6 de Educación Infantil celebraron conxuntamente o remate da etapa. Foi un día cargado de actividades onde todos e todas quixeron despedir con agarimo esta etapa da súa vida.

Comezamos cuns xogos rotativos no patio:

 

Seguimos cun acto de entrega de diplomas:

E rematamos cunha merenda compartida:

 

Querido pasado:

Grazas polo aprendido.

Querido futuro:

Estamos preparados e preparadas!

proba

Festa da Promoción Ed. Infantil 5 anos B

E para rematar a semana de graduacións xa tedes dispoñible na Galería de Fotos as da Festa da Promoción de Ed. Infantil 5 anos B 2011-2014 que tivo lugar o pasado xoves día 19 de Xuño.

Tivemos cancións, bailes, entrega de Diplomas, "photocall" e merenda.

 

Festa da Promoción Ed. Infantil 5 anos A

Xa tedes dispoñible na Galería de Fotos as da Festa da Promoción de Ed. Infantil 5 anos A 2011-2014 que tivo lugar o pasado mércores día 18 de Xuño.

Tivemos cancións, bailes, entrega de Diplomas, "photocall" e merenda.

Festa da Promoción de Ed. Infantil 5 anos C e 5 anos D

Xa tedes dispoñible na Galería de Fotos as da Festa da Promoción de Ed. Infantil 5 anos C e 5 anos D 2011-2014 que tivo lugar o pasado luns día 16 de Xuño.

Tivemos poesías, cancións, bailes, entrega de Diplomas, "photocall" e merenda.

Festa da Promoción de Ed. Infantil 5 anos A

O pasado xoves 20 de xuño tivemos a Festa da Promoción de Ed. Infantil 5 anos A 2010-2013. Xa tedes as fotos dispoñibles na galería.

Houbo cancións, representacións, bailes e por suposto entrega de Diplomas.

Festa da Promoción de Ed. Infantil 5 anos B

Xa tedes dispoñible na Galería de Fotos as da Festa da Promoción de Ed. Infantil 5 anos B 2010-2013 que tivo lugar o pasado luns día 17 de Xuño.

Tivemos obras de teatro, poesías, cancións, entrega de Diplomas e merenda.

“Os Proxectos nas aulas de Educación Infantil”

Durante o presente curso no Colexio Alborada estase a realizar un Seminario de Formación do Profesorado que leva por título “Os Proxectos nas aulas de Educación Infantil” organizado polo C.F.R. de A Coruña.

Dentro das actividades programadas por este grupo de traballo, se contou coa colaboración dunha das especialistas de referencia en materia de ensinanza da lectoescritura, polas súas aportacións dende a óptica do construtivismo: Myriam Nemirovsky, Licenciada en Ciencias da Educación e autora de numerosos textos sobre o aprendizaxe da lectura e da escritura, destacando o seu libro “Sobre la enseñanza del lenguaje escrito… y temas aledaños” (Editorial Paidós)

Os membros do seminario permanente, a dirección do centro e o CEIP Alborada, brindaron a posibilidade de que un número limitado de Mestres/as interesado/as puidesen acudir e participar nestas sesións, que tiveron lugar os días 25 e 26 de febreiro do 2013, cunha gran acollida entre os docentes de A Coruña e arredores.

Grazas a todos pola vosa participación.

Festa da Promoción de Ed. Infantil 2009-2012

Xa tedes dispoñible na Galería de Fotos as da Festa da Promoción de Ed. Infantil 2009-2012 que tivo lugar o pasado martes día 19 de Xuño.

Tivemos bailes, cancións e como non podía ser doutra maneira entrega de Diplomas.

Distribuir contido



by Dr. Radut