Skip to Content

Dependencias

Distribución de espazos

 

As dependencias do CEIP Alborada distribúense en catro andares.

Andar baixo

Nel están situados a sala de caldeiras, o ximnasio, a sala de usos múltiples onde teñen lugar as actuación, concertos..., o  comedor escolar e patio cuberto. Neste nivel tamén se accede ao patio e pistas deportivas.

Andar principal

Engloba todas as aulas de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos). Ademais, de espazos comúns como aula de informática. Nesta planta tamén se sitúan as dependencias administrativas (Dirección, Xefatura de Estudos, Secretaría, Sala de Profesores/as, reprografía e Conserxería) e o despacho do Departamento de Orientación.

Primeiro andar

Agrupa aulas de Educación Primaria, laboratorio de idiomas, biblioteca e aula de relixión.

Segundo andar

Nela sitúanse a aula de lingua inglesa, aulas de educación musical, aulas de pedagoxía terapéutica, aula de audición e linguaxe, sala de reunións do claustro de profesores/as e consello escolar e unha aula de psicomotricidade.

Na Galería de fotos do colexio hai un álbum específico co título de Instalacións no que figuran fotos de varias das dependencias mencionadas neste artigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut