Skip to Content

Escolares

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Celebración do día da prensa.

Estimadas familias,

co motivo da celebración do día da prensa, onte, dentro do programa prensa-escola que se leva a cabo no centro, un grupo de alumnos de terceiro de Educación Primaria participou nunha charla co xornalista de "La Voz de Galicia" Fran Espiñeira.

 

Visita de Manuel Rivas ao CEIP Alborada

Estimadas familias,

mañá venres 2 de marzo o escritor Manuel Rivas visitará o noso colexio para realizar unha actividade didáctica de animación á lectura con libros da súa autoría.

Actuacións do festival de Nadal

Estimadas familias,

imos ir publicando as diferentes actuacións do festival de Nadal que ides poder vendo desde as seguintes ligazóns:

- Actuación de Educación Infantil de 3 anos.

- Actuación de Educación Infantil de 4 anos.

Actuación de Educación Infantil de 5 anos.

Actuación de 3º de Educación Primaria. 

 

O CEIP ALBORADA emprega metodoloxía Lego para previr o acoso escolar.

Estimadas familias,

o CEIP Alborada incorporou ó seu plan de convivencia a metodoloxía lego para previr casos de acoso e violencia escolar. Desde o centro queremos potenciar a educación emocional e as habilidades sociais para que os propios alumnos sexan capaces de resolver os seus conflitos. Trátase dunha iniciativa pioneira na nosa comunidade.

Desde esta ligazón pode verse a reportaxe, que sobre esta temática, saíu na Televisión de Galicia.

 

Bo Nadal e Feliz Ano 2018

O CEIP Alborada agradece a toda a comunidade educativa a súa participación na decoración navideña. Moitas gracias!
 

Magosto 2017

Estimadas familias,

a semana pasada celebramos o magosto degustando castañas asadas e realizando actividades lúdico-colaborativas entre todo o alumnado do colexio.

Aquí podedes ver algunhas fotos do evento!

Día internacional contra a violencia de xénero.

Estimadas familias, o día 24 de novembro celebraremos o día internacional contra a violencia de xénero. Ese día os alumnos/as poden traer algunha prenda de cor violeta. Ás 12:00 todo o alumnado do centro xuntarase no patio para facer dous círculos concéntricos (no centro estará E. Infantil, e ao redor E. Primaria)  para cantar esta canción en gran grupo. Ademáis moveremos unha man tamén de cor violeta que faremos en educación artística.

 

Samaín 2017

Estimadas familias,

este ano celebramos o samaín con contacontos. Ademáis, cada neno/a trouxo a súa cabaza para expoñer no colexio. Contemplade, por favor, o traballo tan ben realizado nas casas!. Moitas gracias pola bosa colaboración e traballo!!!

Visita dos reis e festivais.

Xa podedes ver na galería as fotos de cando nos visitaron os Reis Magos (pica aquí).

Tamén podedes ver as fotos do festival de Infantil (aquí) e o de Primaria (aquí).

Bó Nadal.

Distribuir contido



by Dr. Radut