Skip to Content

CONVIVE

Participar no proxecto CONVIVE supón facer todo o posible para favorecer a convivencia pacífica e o benestar no centro.

Pouco a pouco imos modificando o noso centro para

 facer del un lugar máis agradable, acolledor e adaptado a todos e todas nós no que podamos sentirnos seguros e esperados.

Os mestres e mestras estamos sempre aprendendo novos xeitos de favorecer a relación respectuosa e pacífica dos nos

alumnos/as e participamos en talleres e obradoiros onde nos forman expertos/as no tema.

 

E non paramos nunca de traballar e de pensar en novas formas de chegar aos pequenos e pequenas e de axudarlles a reflexionar sobre si mesmos e xestionar as súas emocións para que medren como persoas estables e emocionalmente equilibradas.

 

Participar nesta iniciativa é en síntese un xeito de entender as nosas relacións como comunidade educativa, os mestres/as entre nós, coas familias, cos pequenos/as e estos entre eles/as desde o máis absoluto respecto ás características persoais, sen tensións nen conflitos nun entorno amable e adaptado a nós.

 

Aquí podedes ver, a modo de exemplo, parte do noso traballo con Dopi, en base ao libro de Isabel Fraga Emociones con cuento no que participou todo o centro. No apartado de actividades e no noso Instagram tedes moitas máis cousas interesantes que vos convidamos a descubrir.

 

 



blog | by Dr. Radut