Skip to Content

Cheques de libros

Xa están na cristaleira do centro as listas provisionais de beneficiarios e excluídos do fondo solidario de libros de texto  e as Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar do CEIP ALBORADA.

Aquelas persoas que desexen presentar algunha reclamación dispoñen de dous días para facelo.

 

O día 8 de xullo, en horario de 10 a 12 horas, farase entrega dos cheques de libros e material ao alumnado do CEIP ALBORADA    para o vindeiro curso.  

Lembrade que debe recollelo a persoa solicitante.

 

En caso de que non sexa posible, debe autorizar a outra persoa cun papel no que conste " Eu ............................... con DNI ........................ autorizo a D/Dna ............................. con DNI ...................... a recoller no meu nome as axudas de libros/material" así como a data e firma da persoa que autoriza a recollida  e adxuntar fotocopia do dni do solicitante. 

Aquelas familias que non podan recollelos nesa data, poderán facelo o día 3 de setembro en horario de 11:00 a 13:00.

 

Lembrade traer as mascarillas e manter a distancia de seguridade.



blog | by Dr. Radut