Skip to Content

O CEIP Alborada participa nunhas xornadas de formación do prácticum de Educación Primaria da UDC

O CEIP Alborada -da man da súa directora Mª Consuelo Morales Gayoso e o grupo de docentes de Voz Natura do colexio- participa nunhas xornadas de formación do prácticum de Educación Primaria da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña.

A ponencia que leva por título "Un anaco de historia medio-ambiental" terá lugar o vindeiro día 7 de novembro  de 18:30 a 20:00 h. no salón de actos da Facultade de Ciencias de Educación no Campus de Elviña.



blog | by Dr. Radut