Skip to Content

Edusostibilidade

O compromiso do colexio e das persoas que nel nos reunimos cada día para o respecto e conservación do medio ambiente é algo do que nos sentimos moi orgullosos e que abrangue cada aspecto do día a día do centro.

Neste cole...

 

Traemos fiambreiras e envases reutilizables, e se non son de plástico, aínda mellor.

 

Evitamos as botellas plásticas dun só uso polo que procuramos traer cantimploras metálicas ou plásticas reutilizables.

 

Incluso os rotuladores que empregamos nas pizarras brancas son recargables, polo tanto podemos reusalos unha e mil veces.

 Recambio Rotulador Pizarra Pilot vboard master Negro, Selfpaper.com.

Somos moi coidadosos co papel que producimos pois somos conscientes do forte impacto que producimos no medioambiente. Por iso, entre outros motivos, empregamos Edixgal en quinto e sexto, o aula virtual e os mestres comunicámonos por e-mail ou penduramos os documentos en plataformas virtuais, de xeito que procuramos non imprimir nada se non é imprescindible.

 

Tratamos de que os pequenos e pequenas medren sendo conscientes desta necesidade de respectar o medio pois somos parte del.

 

 

A nosa horta ten un composteiro onde deiamos os refugallos orgánicos das merendas dos pequenos/as e así obtemos un bo abono para as prantiñas que estamos a coidar e papar :) pois nunca empregamos pesticidas nin abonos químicos perxudiciais.

Se andando polo horto aparece un bichiño, observámolo con moito coidado e deixámolo de novo no campo. Iso si, lonxe dos nosos cultivos.

 

 

 

Somos moooi coidadosos e coidadosas nas nosas rutas pola contorna. Nunca deixamos lixo ao noso paso, non arrincamos prantas nin recollemos insectos ou outros animais.

 

 

 

 

Participamos en actividades con ONG para éliminar as especies vexetais invasoras.

 

 

Facemos campañas de recollida de roupa para poder darlle un novo uso a todo o que non usamos xa.

 

 

 E, sabedes que? cando imos a unha saída ao teatro, a unha asociación... se podemos imos camiñando porque é bo para nós e bo para a Terra.

 

 

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut