Plan Proxecta: A milla diaria

INFANTIL CORRENDO A MILLA DIARIA

O alumnado de infantil xa é un experto realizando o percorrido da milla diaria. Agora xa o realizan correndo!

 

 

LECTURA NA MILLA DIARIA

Co gallo do día do libro e do día das letras galegas, fixemos unha actividade en colaboración coa biblioteca do centro. Preparamos tres caixas con libros de lectura para tódalas idades e colocamolas en tres puntos intermedios da milla para que, algún alumno ou o mestre que os acompañaba, lles leera un párrafo aos seus compañeiros.

 

 

 

 

CÓDIGOS QR

Xa temos instalados os códigos QR no percorrido da milla diaria. Estos puntos marcarán a distancia percorrida acompañada de Burbulla, a nosa mascota da biblioteca preparada con chándal para facer a milla diaria. A carón atoparemos un código QR que oculta unha das portas da muralla e que enlaza co proxecto da biblioteca. Neste proxecto cada nivel traballará sobre unha das portas da muralla que se atopan agochadas nestes puntos da milla. Estade atentos porque pronto veremos os diferentes traballos realizados que terán un enlace a ese código QR.

UNHA MILLA DIARIA

Queridas familias: quizais nos últimos dias @s vos@s fill@s cheguen á casa falando da milla, e vos preguntedes que é iso. Pois ben, “A MILLA DIARIA” é un programa da Conselleria de Educación, que pretende fomentar entre os rapaces e rapazas un estilo de vida saudable, aumentando o tempo que lle adican á actividade física. Consiste en marcar no patio dos colexios un percorrido dunha milla de lonxitude (1600 metro) e facelo en calquer momento da xornada escolar de luns a venres.    Preténdese loitar contra o sedentarismo e a obesidade, pero tamén se buscan os beneficios que a actividade física pode aportar para mellorar a atención, a concentración e axudar na resolución de conflitos. 

Nós, chamámoslle “CORRE UNHA MILLA CON BURBULLA.” Como sabedes, Burbulla é a mascota da biblioteca. É unha ra que colocamos cada 160 metros e nos vai indicando o que nos queda para rematar. O percorrido pódese facer andando, trotando, correndo ou alternando.

Distribuir contido