Axudas e material escolar

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Curso 2024/2025


Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo: ED330B


Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (prema aquí)

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo (prema aquí)

  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

Máis información:

AMPLIACIÓN AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

AMPLIACIÓN AXUDAS

PARA ADQUISICIÓN DE

MATERIAL ESCOLAR CURSO

2022-2023

FONDO SOLIDARIO 

 

 

 

 A Consellería de Educación aprobou (como consecuencia do incremento da taxa de inflación) unha ampliación das axudas para mercar material escolar a favor das familias que xa foron beneficiarias da axuda de 50€. O importe da mesma será de 25€.

Normativa: Resolución 5 outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

DESTINATARIOS: O alumnado que foi beneficiario da axuda por importe de 50€ para adquirir material escolar para o curso 2022-2023.

Recollida de vales: a partir do día 18, de 9:00 a 10:00 e de 13:15 a 14:00.

O vale deberá de empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro.  

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO CON DEREITO A MÁSCARAS 2021-2022

Segundo establece a Orde do 28 de outubro de 2021, publícase no taboleiro interior do centro, a relación provisional de alumnado con dereito a máscaras.

Non hai alumno excluido deste procedemento.

Distribuir contido