O Proxecto Terra, arrancou no cole cunha proposta para “Contribuír a mellorar o coñecemento sobre os espazos que habitamos e sobre a identidade territorial de Galicia, mediante a toma de consciencia e posta en valor destes espazos” , tal e como se contempla no noso plan, partimos dun coñecemento .
Con esta actividade que vemos nas fotos o alumnado terá ocasión de investigar e facer diversas tarefas de búsqueda de animais en perigo de extinción en Terras do Miño.
A través dos códigos QR que podemos ler cunha tablet, descubrimos cales son os animais catalogados a punto de desaparecer en Terras do Miño…
Escoitamos en directo o son dun paxaro, como si estivésemos na Aula de Interperetación de Terras do Miño. Atopáchelo?
Pensamos en mecanismos de axuda para favorecer a preservación deste ecosistema. Facemos un barrido de ideas e elaboramos Plans de intervención para a protección do mesmo.
|
|
OBXECTIVO: 3.2.5 |
Promover iniciativas que favorezan a creación dunha cidadanía consciente do espazo vital onde se desenvolve e da importancia de participar activamente nas actuacións sobre él. |
|
|
OBXECTIVO DE DESENROLO SOSTIBLE: (ODS 15) |
A VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES Coñecemento, posta en valor e propostas de intervención. |